GC Aberto

Iniciativa para resolver os problemas da Atención Primaria

Por admin | GCAberto | 23/09/2021

Comparte esta noticia

“Os bos e xenerosos, a nosa voz entenden e con arroubo atenden, o noso ronco son. Máis son os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non”. Himno de Galiza. Eduardo Pondal (1835-1917): Os Pinos.

Concentración de persoal médico e de pediatría de Atención Primaria no Centro de Saúde de Rosalía de Castro, en Vigo. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
Concentración de persoal médico e de pediatría de Atención Primaria no Centro de Saúde de Rosalía de Castro, en Vigo. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

A Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública, da que forma parte a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Púbica, e que engloba todas as Asociación Autonómicas, está levando a cabo unha iniciativa para promover un debate en todo o estado español de como mellorar a AP, piar básico da asistencia sanitaria ás persoas.

Este Manifesto, avalado por múltiples profesionais que traballan neste sector, elaboramos un Documento que, primeiro, a nivel individual e que logo estará aberto a diferentes entidades, asociacións de pacientes, de familiares de pacientes, colexios profesionais, sindicatos, partidos políticos, entidades culturais, veciñais, organizacións profesionais, científicas, etc. e que ten por obxetivo: instar as autoriadades sanitarias a recoñecer que temos un problema: o desmantelamento sistemático da AP dende hai moitos anos, xunto á falta de inversión. Esta iniciativa, levará a unha segunda fase: poñer solución, entre todxs e por consenso, a este problema de saúde, empezando por unha administración cicateira nos seus orzamentos para o ben máis preciado que temos que é a saúde!

No momento actual, non se albisca un paradigma alternativo á AP, pero hai moitas decisións que minan a súa estructura, as súas capacidades e o seu prestixio; por iso pensamos que hai que facer algo. O documento, fai unha análise crítica da situación e propón medidas concretas para lograr unha AP aberta, accesible, equitativa e de calidade, que responda aos problemas e necesidades de saúde da poboación. O obxectivo final é promover unha gran Alianza Social e Sanitaria para evitar o colapso da nosa AP. O informe, pretende suscitar un debate amplo entre xs profesionais, coa esperanza de influir nas políticas públicas.

1.- Recuperar o recortado nos últimos anos, incrementando o orzamento ata o 25% do total, así como as plantillas de personal, eliminando as trabas de acceso a probas diagnósticas e terapéuticas. Ofertar Empleo Público Estable e de Calidade ca suficiente periodicidade e dando Estabilidade ás plantillas.

2.- Garantir uns Centros de Saúde abertos, accesibles, próximos a toda a población e sin listas de agarda.

3.- Dar prioridade as consultas presenciais, fundamentais para lograr unha eficaz relación profesional/paciente e unha atención de calidade. As consultas telefónicas e telemáticas deberán ter un papel complementario.

4.- Incorporar novos profesionais aos equipos de AP (fisioterapia, matronas, saúde mental, logopedia, atención temperá, farmacoloxía clínica...).

5.- Incrementar o persoal das áreas de admisión, formalo adecuadamente para mellorar a relación ca comunidade e garantir, en estreito contacto co persoal asistencial, a distribución das demandas de atención nos Centros.

6.- Desmedicalizar e Desburocratizar a AP.

7.- Mellorar a relación co nivel hospitalario, potenciar os Procesos Asistenciais como base da atención de saúde, coordinados desde a A P, incrementando a súa capacidade resolutiva.

8.- Desenvolver a orientación comunitaria nos centros de saúde ca colaboración de Saúde Pública e a consideración dos Determinantes Sociais de Saúde.

9.- Trasformar as Áreas Sanitarias para que se convirtan no espazo para a integración de todas as actuacións e actividades asistenciais.

10. Garantir a participación e empoderamento dxs cidadáns.

11.- Promover o nivel de intelixencia da A P potenciando as actividades formativas, docentes e de investigación, con recursos e equipamento propio e suficiente.

Esperamos, dende a FADSP que a apertura deste debate, leve á mellora da AP o que significará que seguimos protexendo o ben máis preciado que temos: a saúde!

Dr. Xosé Ma Dios Diz, Médico especialista de AP de Outes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Gamela

Concordo totalmente co obxectivo final da proposta: lograr unha gran Alianza Social e Sanitaria para evitar o colapso da nosa AP. Ogallá algún día déramos un "pasiño" cara adiante e aprendamos dos ERROS cometidos (que son moitos e sería ben ilos identificando para eliminalos para sempre das prácticas habituais da AP): Comento só 3 puntos problemáticos: 6.- Desmedicalizar e Desburocratizar a AP. Vai ser pouco menos que imposible erradicar esas prácticas burocráticas tras a cales se esconden moitos médicos "neglixentes" ou simplemente caraduras que con tal de marear ao paciente poden derivar a probas "imposibles" ou "innecesarias" á maioría dos pacientes. Cando se vive con medo a unha demanda xudicial o nivel de compromiso decae e sempre podemos recorrer a seguir o Protocolo Establecido. Para manter o statu quo están os Xefes de Servizo (que agora están a ser nomeados na área de Vigo) eses que eu chamo "colaboracionistas do SERGAS".

1 Gamela

Outro punto perigoso é o 10. Garantir a participación e empoderamento dxs cidadáns. Estamos nas mesmas que no punto anterior, se aumentas a participación dos pacientes podes encontrarte con Google antes de rematar a consulta: ese coñecemento on-line tan difundido entre os hipocondríacos que máis ben son simples "enfermos inmaxinarios" que reclaman unha atención primaria á carta, e se non lla dás son capaces de dar voltas ata o infermo para reclamar tratamentos e probas innecesarias que o único que fan é incrementar a factura pero non serven en absoluto para mellorar a súa saúde (disto saben moito na Sanidade Privada).

2 Gamela

E por último comentar o punto 11.- Promover o nivel de intelixencia da A P potenciando as actividades formativas, docentes e de investigación, con recursos e equipamento propio e suficiente. Estou convencido que serían moitos os médicos que considerarían estas actividades formativas coma unha perda de tempo (ou dirían que non se lles paga o suficiente) para acadar unha medicina altamente INFORMADA que consideran lonxe do seu "papel social" como médicos de cabeceira: dirían que para iso xa están os "especialistas" que gozan de outros privilexios.

3 Gamela

De calquera xeito estes comentarios só pretender suliñar os PROBLEMAS que temos diante, o que non quere dicir que non haxa medios para achegar solucións se todos puxeramos algo da nosa parte: dende o celador, pasando pola enfermeira, ata chegar ao médico -ultimamente inaccesible- e sen dúbida para todo isto cómpre mudar de Xerentes. O que non sei é se teremos alguén disposto a asumir tales responsabilidades por 3.000 € ao mes... Ogallá sí quede xente que lle teña amor á cousa pública (de verdade) ! Gracias pola atención.

1 Gamela

Corrección de erros: https://es.wikipedia.org/wiki/Himno... mais os ignorantes / e féridos e duros / imbéciles e escuros ... etc.

1 Xosé Mª Dios Diz

Perdón polo erro na letra do himno. Tes moita razón no que expós e deberías, con nomes e apelidos, formar parte dalgunha organización que te permitise expoñer as túas ideas. Un saúdo.

2 Gamela

Calquera idea que atopes interesante "faina túa" e lévaa a onde consideres... Gamela non ten fe nas "organizacións" só fía a súa esperanza nas persoas ! Saúde !