O 'Proxecto Anllóns' de turismo sustentable, contará co apoio da Deputación da Coruña e varios concellos

O presidente da Deputación da Coruña, González Formoso, explicou que este convenio marco permitirá crear un ente de cooperación intermunicipal que permita xestionar e impulsar o 'Proxecto Anllóns', entre cuxos obxectivos está o de "promocionar e desenvolver un modelo de turismo sustentable a través de iniciativas que teñan o río Anllóns como eixo central".

Por E.P. | A CORUÑA | 24/09/2021 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña e os alcaldes dos concellos da Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco e Ponteceso formalizaron o convenio marco do denominado 'Proxecto Anllóns'. O acordo foi asinado, na sede provincial, polo presidente, Valentín González Formoso, e polos alcaldes dos cinco concellos: José Manuel López, José Muíño, Evencio Ferreiro, Juan Carlos García e Xosé Lois García.

González Formoso explicou que este convenio marco permitirá crear un ente de cooperación intermunicipal que permita xestionar e impulsar o 'Proxecto Anllóns', entre cuxos obxectivos está o de "promocionar e desenvolver un modelo de turismo sustentable a través de iniciativas que teñan o río Anllóns como eixo central".

O presidente da Deputación subliñou a importancia da colaboración institucional para xestionar este proxecto, "contorna a un río de máis de 54 quilómetros que vertebra a comarca de Bergantiños" e que incluirá accións para a recuperación e posta en valor da arquitectura tradicional e a paisaxe natural das ribeiras do Anllóns.

Pola súa banda, o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira explicou que o "proxecto pretende pór en valor, en primeiro lugar, a riqueza ecolóxica e a biodiversidade do trazado do río Anllóns, pero tamén desenvolver accións relacionadas co patrimonio innmaterial e coa identidade cultural".

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e alcaldes asinan o convenio para impulsar o 'Proxecto Anllóns'. TORRECILLA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e alcaldes asinan o convenio para impulsar o 'Proxecto Anllóns'. TORRECILLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta