Case o 84% dos galegos contan coa pauta completa contra a covid

Nas últimas 24 horas, outras 7.270 persoas recibiron a segunda dose da vacina.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 02/10/2021 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

Máis de 2.267.770 persoas en Galicia contan con pauta completa contra a Covid-19, tras finalizar o proceso outras 7.270, polo que o 92% da poboación diana --maiores de 12 anos-- está inmunizada e o 83,99% dos habitantes da Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación', recollidos por Europa Press, administráronse 4.385.844 doses da vacina contra a Covid-19 en Galicia, 7.924 máis que as rexistradas ata o día anterior, que representan o 99,9% das 4.389.629 recibidas ata a data.

Por grupos de poboación por vulnerabilidade, hai 17.067 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 17.599 dependentes non institucionalizados; e 26.967 persoas institucionalizadas. Mentres, 2.061.718 vacináronse por idade.

Por probabilidade de exposición, teñen pauta completa 72.726 profesionais do ámbito sanitario e 27.188 do sociosanitario, ademais de 44.072 traballadores de actividades consideradas esenciais.

CENTROS DE VACINACIÓN MASIVA

As áreas sanitarias continúan coa administración de segundas doses pendentes, así como coa inoculación sen cita ou mediante autocita nos puntos habilitados para iso. Os centros de vacinación masiva da área de Pontevedra e O Salnés terminarán o seu labor este sábado. En concreto, no recinto feiral da cidade do Lérez está previsto administrar doses de 9,00 a 14,00 horas, tras o que pechará ás 14,30 horas, indicaron fontes sanitarias.

Así mesmo, a área sanitaria da Coruña e Cee ten previsto pór as últimas doses contra a Covid-19 no seu recinto de vacinación masiva este sábado. Programou 1.275 primeiras e segundas doses, ás que se sumarán persoas que poden acudir sen cita, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Deste xeito, este sábado terminarán o seu traballo os centros de vacinación masiva en Galicia despois de que este pasado xoves pechase o situado na Cidade da Cultura. Previamente, o de Expourense na capital ourensá tivo a súa última xornada de inoculacións o pasado sábado día 25 e anteriormente xa fora clausurado o situado en Ifevi en Vigo.

Un grupo de menores esperan a ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna na Cidade da Cultura. César Arxina - Europa Press
Un grupo de menores esperan a ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna na Cidade da Cultura. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta