Expourense acollerá os días 14 e 15 de novembro o 1º Congreso Ibérico de Turismo Deportivo, evento organizado tamén pola Secretaría Xeral para o Deporte, a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense. Conta ademais coa colaboración da Asociación do Deporte Español e do Concello de Ourense.