Mitin Internacional Transfronteirizo de atletismo nas instalacións da Fundación Expourense

Trátase do Trofeo Ibérico de Probas Combinadas Sub18 - Sub20, evento deportivo que se celebrará os días 16 e 17 de marzo de 2024 na Pista de Atletismo Cuberta de Ourense-Expourense.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 15/03/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Real Federación Española de Atletismo, segue a escoller as instalacións de Expourense para probas do seu calendario. A Federación Galega de Atletismo, Club Ourense Atletismo e Fundación Expourense asumen o reto plantexado e, organizan o Trofeo Ibérico de Probas Combinadas Sub18 - Sub20 que se celebrará os días 16 e 17 de marzo de 2024 na Pista de Atletismo Cuberta de Ourense-Expourense, hoxe denominada pista curta.

Presentación do evento en Expourense. Foto: Dpto prensa.
Presentación do evento en Expourense. Foto: Dpto prensa.

Esta proba, reúne aos atletas máis completos das categorías sub’18 e sub’20, de Portugal e España, que disputarán este encontro na pista que acolleu hai poucos días o Campionato de España absoluto. As probas do heptathlon, na categoría masculina e pentathlon na categoría feminina desputaranse en xornada de tarde o sábado, 16. O resto de probas do heptathlon celebraranse o día 17, en xornada de mañá.

"A internacionalidade desta proba permite levar a cabo a iniciativa da celebración do Primeiro Mitin Internacional Transfronteirizo-2 países1destino. O atletismo español en xeral e o galego en particular están moi agradecidos coa Federación Portuguesa de Atletismo, pois sempre recibe espectacularmente aos nosos atletas no país veciño", comentan dende a organización do evento deportivo.

As probas deste encontro de participación compartida entre atletas españois e atletas con licenza portuguesa será de inscrición gratuíta para os atletas portugueses e cóntase cunha participación de máis de 300 atletas, que entre técnicos, persoal federativo e xuíces atraerán a Ourense a preto de 500 persoas.

Dende a xerencia de Expourense sinalan finalmente que "sen o apoio da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, da Deputación de Ourense e do Concello de Ourense non se podería levar a cabo este evento, nunha clara aposta de seguir converter a pista de Expourense nun referente do noroeste peninsular, baixo o paraugas dun modelo de colaboración interinstitucional que está funcionar á perfección".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta