Investigan un posible exceso de velocidade como causa do accidente no que morreu un mozo na Estrada

Ademais, outros dous mozos resultaron feridos.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 11/10/2021 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

Un posible exceso de velocidade barállase como causa do accidente de tráfico mortal que na madrugada deste luns no municipio da Estrada se saldou cun mozo falecido e dous feridos, entre eles un menor.

Fontes consultadas por Europa Press, apuntaron que se investiga se o vehículo no que circulaban os tres novos, cuxo condutor faleceu, "ía picado con outro" e con "exceso de velocidade". Pola súa banda, fontes da Garda Civil confirmaron que o condutor do outro vehículo implicado, que resultou ileso xunto a un acompañante, deu negativo no test de alcoholemia e drogas.

Este accidente tivo lugar pasados uns minutos das 2,00 horas deste luns á altura do quilómetro 16,700 da estrada PO-841 ao seu paso pola Estrada cando dous vehículos chocaron de maneira fronto-lateral.

Como consecuencia da colisión o condutor dun dos coches, un mozo de 19 anos veciño da Estrada, morreu e os seus dous acompañantes, un menor e un home de 18 anos, resultaron feridos e evacuados a un centro hospitalario compostelán.

PRECAUCIÓN

Tras este accidente mortal, o alcalde da Estrada, José López Campos, manifestou a Europa Press que se trata dunha "desgraza" e lamentou que había xente "moi nova" implicada.

Por iso, apela a "extremar a precaución" e "sensibilizar" porque, ao seu xuízo, "parece que se perdeu ese medo e respecto a conducir". Por iso, chama a evitar este tipo de "desgraza".

Imaxe de recurso dunha ambulancia do SUMMA 112.. TWITTER EMERXENCIAS 112 COMUNIDADE DE MADRID
Imaxe de recurso dunha ambulancia do SUMMA 112.. TWITTER EMERXENCIAS 112 COMUNIDADE DE MADRID

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta