Catro investigadores da UDC desenvolven uns dispositivos de refrixeración mediante pisadas

Aínda que se atopa nunha fase de desenvolvemento moi temperá, "abre as portas a futuras tecnoloxías máis avanzadas" e respectuosas co medio ambiente.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/10/2021 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

Catro investigadores do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña (UDC) desenvolveron un dos primeiros dispositivos de refrixeración barocalórica do mundo, segundo informa este centro.

Javier García, Ignacio Delgado, Jorge Salgado e Juan Manuel Bermúdez, todos eles menores de 35 anos, e investigadores do grupo Quimolmat, son os autores que se atopan detrás deste traballo publicado na revista Materials, "no cal van un paso máis aló da síntese química de novos materiais e propoñen un claro exemplo de ciencia aplicada á resolución dos retos da sociedade", explican desde o CICA.

A báscula barocalórica trátase dun aparello que aproveita a enerxía xerada pola presión das pisadas ao camiñar transformándoa en frío ou calor, podendo ser empregada como sistema de baixo custo de refrixeración ou calefacción. "A substitución dos gases tradicionalmente presentes nestes sistemas por materiais sólidos, como o que usa este dispositivo, dá un paso firme cara á implementación de tecnoloxías respectuosas co medio ambiente".

Aínda que se atopa nunha fase de desenvolvemento moi temperá, "abre as portas a futuras tecnoloxías máis avanzadas que poidan empregar este principio en chans e/ou zapatos auto-refrigerantes, por exemplo", aseguran os investigadores. O funcionamento desta báscula barocalórica pode probarse nun prototipo instalado na exposición 'Galicia Futura' do Museo Gaiás de Santiago de Compostela que permanecerá aberta ao público ata o 9 de xaneiro.

Investigadores do CICA da UDC. CICA
Investigadores do CICA da UDC. CICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta