Valdeorras dá por rematada a vendima

A campaña da vendima 2021 conclúe oficialmente para esta Denominación de Orixe cun total de 7.097.379 quilos de uva recollidos. O Godello segue a ser a variedade raíña en cando a cantidade.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 14/10/2021 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Tras case dous meses de traballo nas viñas, a vendima finaliza cunha suba de máis do 30% no número de quilos recolleitos en relación a 2020. Este ano entraron nas adegas un total de 7.097.379 quilos de uva.

Vendima en Valdeorras. Foto: Prensa da D.O. Valdeorras.
Vendima en Valdeorras. Foto: Prensa da D.O. Valdeorras.

Desta cifra, de novo a variedade godello segue a ser a máis abundante con 4.333.760 quilos. Tras ela, por orde de importancia, sitúanse a mencía (1.714.006 quilos), a garnacha tintorera (473.393 quilos) e a variedade palomino fino (449.766 quilos).

A variedade godello segue a ser a máis abundante con 4.333.760 quilos

Respecto ao resto de variedades estes foron as cantidades de uva recollida: a variedade sousón (50.477 quilos); a tempranillo (37.461 quilos); a albarello (17.448 quilos); a merenzao (11.354 quilos); caíño tinto (3.365 quilos); mouratón (2.240 quilos); gran negro (1.345 quilos) e dona branca (764 quilos).

VALORACIÓN DO PRESIDENTE DE D.O. VALDEORRAS

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, valora moi positivamente “o considerable aumento en cantidade" lembrando ademais que as uvas posúen “unha calidade óptima” que permitirán a elaboración de viños “que seguirán recollendo premios en distintas partes do mundo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta