As Tanxugueiras pechan unha xira de éxitos cun último concerto en Pontevedra

A cita, prevista para o 28 de novembro, poñerá o broche final á presentación do disco 'Contrapunto', que arrincou hai xa dous anos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2021 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

As Tanxugueiras pechan xira en Pontevedra. O ciclo de concertos Contrapunto chegará á súa fin no Auditorio do Pazo o vindeiro 28 de novembro, a partir das 18.00 e no marco do Culturgal. Este concerto poñerá o broche final así á xira presentación de Contrapunto, o seu segundo álbum, e xusto dous anos depois do inicio da mesma.  

Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro son Tanxugueiras
Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro son Tanxugueiras | Fonte: © Rocío Cibes

Desde a publicación de Contrapunto en novembro de 2019, Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro visitaron ducias de escenarios. O inicio da xira arrincou cunha actuación por provincia fóra dos circuitos habituais nos que o grupo amosou as súas cartas: unha proposta diferente e harmónica, que partía da intimidade do escenario para acadar a máxima potencia cunha grande execución vocal.

Logo de visitar Mos, Burela, e Celanova, en febreiro de 2020 chegaron a Santiago de Compostela, localidade na que esgotaron todas as entradas da Sala Capitol; un ritmo que mantiveron ao encher os auditorios en Oleiros, As Pontes e Cangas. Mais a chegada da pandemia freou a xira de presentación do disco, que retomaron no TradFest compostelán, e da que deron boa conta neste 2021 por numerosas localidades de toda a península e en citas de referencia como La Mar de Músicas ou Goikoorts, esta última en Bélxica. 

O domingo 28 de novembro, un día antes de que se cumpran os dous anos do concerto de presentación de Contrapunto, temas como O querer, Irmandade, Albedrío ou Malquerenza soarán no auditorio de Pontevedra, mais desta vez as cantareiras estarán acompañadas, sobre o escenario, por grandes voces e instrumentistas da escena galega. Na cita tamén soarán algúns dos seus novo temas, como Midas ou Figa. 

As entradas para o concerto especial de fin de xira sairán á venda o luns 18, a partir das 12.00 horas, a través da plataforma dixital Enterticket (15 euros máis gastos de xestión, ou 18 euros na billeteira do Pazo). Ata entón, o público poderá gozar da música de Tanxugueiras fundamentalmente fóra de Galicia, en escenarios como a a Fira Mediterrània de Manresa, o EXIB Música 2021 de Setúbal, o Womex de Porto ou a Fira Trovam de Castellón, entre outros; ainda que tamén visitarán Tui o 19 de novembro. 

Tanxugueiras No Festival Celtic Connections, en 2019. XUNTA
Tanxugueiras No Festival Celtic Connections, en 2019. XUNTA

Contrapunto naceu como convicción: as pandeireteiras querían explorar os límites da música tradicional. Presentouse como un segundo disco maduro, cheo de matices e renovador, no que Tanxugueiras fiou cinco relatos, cada un coa súa cara e coa súa cruz, nos que cantaron sobre o empoderamento da muller, a amizade, a deslealdade, a liberdade ou a traizón. Singles como Desposorio ou Perfidia, cuxo videoclip foi finalista dos Premios Mestre Mateo, deron boa conta da proposta do álbum, que situou ao trío no epicentro da renovación da escena trad

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta