Galicia achégase aos dous millóns de certificados de vacinación expedidos

A Xunta de Galicia emitiu ata agora un total de 2.054.107 certificados covid, contando os de resultado negativo e enfermidade superada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2021 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia emitiu ata agora un total de 2.054.107 certificados covid, a maioría de certificados de vacinación. En concreto, 1.978.385 foron certificados de vacinación, 46.700 de resultado de proba diagnóstica e outros 29.022 certificados de superar a enfermidade.

Así o destacou a Consellería de Sanidade, que se referiu ao acordo cos Colexios oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde.

Ata o día de hoxe, as oficinas de farmacia rexistraron os resultados das probas dun total de 46.623 persoas, que permitiron localizar as 506 persoas con resultado positivo. Así mesmo, a Xunta de Galicia, en colaboración coas áreas sanitarias, estivo a realizar tests de antíxenos de maneira gratuíta nos puntos situados nos diferentes distritos sanitarios.

Unha vez que se pecharon estes puntos, o balance final indica que se realizaron tests a un total de 27.816 persoas, o que permitiu detectar 311 casos positivos.

Unha persoa mostra un código QR para entrar a un local de lecer nocturno. Lorena Sopêna - Europa Press
Unha persoa mostra un código QR para entrar a un local de lecer nocturno. Lorena Sopêna - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta