O Goberno reserva 400 millóns para dixitalizar as administracións locais

O delegado do Goberno anima aos concellos galegos a sumarse a este plan.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2021 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, anima aos concellos galegos a solicitar as axudas á dixitalización e modernización da administración local, cuxa convocatoria se abrirá en próximas semanas cunha primeira orde dotada de 92,7 millóns de euros e destinada a municipios de máis de 50.000 habitantes e capitais de provincia.

Trátase dunha liña de subvencións á que o Executivo estatal destinará 392 millóns en total procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A previsión é que, ao longo de 2022 e 2023, estes apoios chegan a todos os municipios. "Os concellos máis pequenos disporán de tempo suficiente para preparar as liñas de traballo e investimentos para poder acceder ás seguintes convocatorias", destacou o delegado do Goberno en Galicia.

José Miñones recoñece o papel das entidades locais durante a pandemia da covid-19 e defende que o Goberno central quere darlles un "papel central" na recuperación. Esta reivindicación ten o seu reflexo, tal e como asegura José Miñones, no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para o próximo 2022 en Galicia.

De acordo con estas contas, as entidades locais galegas recibirán 2.050 millóns de euros de fondos europeos vinculados ao plan de recuperación, máis outros 1.228 millóns vinculados á devolución do IVE e ás liquidacións negativas de 2020.

O xefe superior de Policía de Galicia, José Luís Balseiro; e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, ofrecen unha rolda de prensa sobre o crime de Samuel. M. Dylan - Europa Press
O xefe superior de Policía de Galicia, José Luís Balseiro; e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, ofrecen unha rolda de prensa sobre o crime de Samuel. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta