O dereito á educación

Nacín nunha casa sen libros. Os meus avós eran analfabetos funcionais. A escola pública foi para mín un territorio liberador, que me permitíu acceder á cultura e á formación. Naqueles escuros anos setenta o ensino público facilitou que moitos rapaces do rural tivésemos un destino distinto ao dos pais, lonxe da estada e da emigración. Coñezo de primeira man a importancia da educación como factor de equidade e integración. Os poderes públicos teñen a obriga de manter e mellorar o sistema público como elemento clave do Estado de benestar. Mais non é así. Os actuais gobernantes aplican con insania as súas políticas de recortes sobre os centros públicos mentres o ensino concertado tivo un incremento dun 30% de fondos nos últimos cinco anos. Asistimos a unha radical ruptura do pacto social que potenciou a emenxencia e o desenvolvemento dos servizos públicos de cobertura universal. Hoxe vemos como, desde propio poder, están a executar o seu desmantelamento.

Por Pablo Vaamonde | A Coruña | 23/06/2014

Comparte esta noticia

Os poderes públicos teñen a obriga de manter e mellorar o sistema público como elemento clave do Estado de benestar. Mais non é así. Os actuais gobernantes aplican con insania as súas políticas de recortes sobre os centros públicos mentres o ensino concertado tivo un incremento dun 30% de fondos nos últimos cinco anos. Asistimos a unha radical ruptura do pacto social que potenciou a emenxencia e o desenvolvemento dos servizos públicos de cobertura universal. Hoxe vemos como, desde propio poder, están a executar o seu desmantelamento.

A editorial Laiovento (dirixida polo meu amigo Francisco Pillado) editou hai pouco un libro excelente -Educación: dereito ou mercadoría-, coordinado pola pedagoga Mariló Candedo, no que os autores fan un repaso das diferentes medidas adoptadas polos gobernos central e autonómico, que están a provocar unha auténtica contrarreforma educativa, que nos conduce a tempos pretéritos, que xa criamos superados. Estamos diante dun cambio de modelo, afirma Mariló Candedo, que utiliza “a crise económica como coartada perfecta para colocar verdadeiras cargas de profundidade nun modelo educativo que conseguiu logros indiscutibles en termos de igualdade de oportunidades e equidade social”.

A estratexia aplicada é a mesma que na sanidade: recortar, desprestixiar e privatizar. Ese é o modus operandi das políticas neocon que aplican os actuais gobernantes. As medidas adoptadas, tal como se relata no libro, seguen os ditados de organismos, como o BCE e o FMI, que posúen o control a escala internacional. Mais introducen dous elementos diferenciais: a forte presenza da Igrexa, que ve aumentados os seus privilexios, e a orientación recentralizadora, dacordo co seu modelo de Estado, que pretende reducir o papel das autonomías.

O ministro Wert impón con soberbia a súa lei sen propiciar acordos cos outros partidos, e coa oposición frontal da comunidade educativa. O discurso oficial centra o seu foco nas deficiencias do sistema: o fracaso escolar, o abandono precoz, a escaseza de alumnado excelente, a sobretitulación, os baixos resultados no informe PISA, a falta de competencia en linguas estranxeiras. Non se reflexiona sobre a educacion que se precisa para enfrontar os retos do século XXI, mais usan este argumentario para recortar de forma drástica os orzamentos e substraer á educación pública recursos materiais e humanos de xeito radical. Están a executar unha auténtica contrarreforma educativa que nos devolve aos tempos da desigualdade, cando os fillos dos pobres sabían que nunca chegarían á Universidade, pois o seu destino “estaba escrito no código xenético”, tal como afirmaba Rajoy de mozo, cando se manifestaba como un entusiasta defensor da desigualdade natural dos seres humanos.

 

PD: A “Alianza Social Galega” convocou mobilizacións en toda Galicia o día 27 de febreiro, para esixir o cese dos recortes e reclamar outras políticas para saír da crise, que non castiguen máis á cidadanía e os traballadores. http://pablovaamonde.blogspot.com.es/

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.