Falece un viveirán ao caerlle o móbil na auga mentres se bañaba

O Concello de Viveiro mostrou o seu pesar polo falecemento deste home afincado en Madrid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2021 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

O Concello de Viveiro mostrou o seu pesar polo falecemento dun veciño de municipio, Santiago Otero, que foi achado morto o pasado mércores na vivenda na que residía en Madrid tras supostamente sufrir un accidente ao caerlle o móbil na auga cando se atopaba na bañeira.

Natural da localidade mariñá, este home de 38 anos foi localizado por unha muller no interior da bañeira do seu domicilio. Os primeiros indicios apuntan a que a causa do falecemento puido deberse a unha electrocución ao caer o móbil á auga mentres estaba conectado á rede eléctrica.

Este xoves, o tenente de alcalde de Viveiro, Suso Fernández, expresou o seu pesar pola morte deste veciño de Escourido, na parroquia de Covas, aínda que levaba "moitos anos fóra" do municipio por razóns laborais. Santiago Otero, casado e con dúas fillas, era coñecido na zona pola súa vinculación co deporte, xa que militou durante varios anos en distintos equipos de fútbol da comarca.

O responsable municipal expresou a vontade do goberno local de prestar a colaboración que necesiten aos familiares e achegados de Santiago Otero, aos que deu o pésame en nome do executivo.

Un usuario de móbil accedendo a Youtube
Un usuario de móbil accedendo a Youtube | Fonte: pexels.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta