Catro millóns de euros irán destinados ás Unidades Municipais de Atención a Drogodependencias

O acordo foi asinado este xoves da man do titular de Sanidade, Julio García Comesaña, e o presidente da Fegamp, Alberto Varela, que á súa vez analizaron a situación actual destas unidades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2021 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) renovaron o convenio de colaboración en materia de trastornos aditivos a través das chamadas Unidades Municipais de Atención a Drogodependencias (UMAD), cun importe próximo aos catro millóns de euros. Este montante repartirase entre os concellos que conten con estes servizos.

En concreto, desde o inicio desta colaboración no ano 2010, creáronse UMAD nun total de 13 municipios: Pontevedra, Vilagarcía, Ourense, Cangas, Vigo, Ribeira, Carballo , Monforte, Noia, Burela, Santiago, Porriño e O Grove. Todos eles prestan este servizo social con carácter supramunicipal.

O acordo foi asinado este xoves da man do titular de Sanidade, Julio García Comesaña, e o presidente da Fegamp, Alberto Varela, que á súa vez analizaron a situación actual destas unidades.

Ambas as entidades acordaron traballar para tentar mellorar o soporte e o financiamento deste servizo. De feito, Comesaña avanzou que os orzamentos autonómicos para 2022 recollen que o importe para o próximo ano nesta materia elevarase por encima do catro millóns de euros.

A Fegamp trasladou, á súa vez, que o incremento da demanda do servizo ao longo destes anos está a provocar que os municipios teñan que sufragar un 30 por cento de media do custo. É por iso que, de cara ao próximo ano, acordouse tamén a creación dunha comisión conxunta para mellorar o soporte organizativo e financeiro dos concellos.

"O obxectivo é aliviar a carga que supón para os municipios esta competencia allea en materia sanitaria mentres se articula o complexo proceso de integración das devanditas unidades no Sergas", engade a Fegamp.

Sanidade e Fegamp subscriben un convenio sobre as UMAD. XUNTA
Sanidade e Fegamp subscriben un convenio sobre as UMAD. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta