O BNG presentará unha emenda aos PGE para rebaixar ata o 10% o IVE de barbarías e salóns de beleza

Néstor Rego lembrou que en 2012 o IVE do sector pasou do 8% ao 21%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2021 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O BNG levará ao Congreso dos Deputados unha emenda aos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) de 2022 para baixar o IVE dos salóns de beleza e as barbarías ata o tipo reducido do 10%. Así o avanzou o representante do Bloque na Cámara Baixa, Néstor Rego, tras manter un encontro con membros da Plataforma Crer en Nós, que engloba ao sector da imaxe persoal, xunto á dipuada autonómica Carmela González.

Será o segundo ano consecutivo que, durante a tramitación dos orzamentos estatais, o BNG reclamará a baixada do IVE ao 10% en barbarías, barberías e centros de estética, xa que o ano pasado a proposta non saíu adiante.

"O sector está a pagar neste momento as consecuencias dunha decisión inxusta e o cambio de posición de PP e PSOE segundo gobernasen ou non", asegurou Rego, á vez que lembrou que en 2012 o IVE do sector pasou do 8% ao 21%.

"As perruqueiras e perruqueiros están a cumprir cunha importante función social, pois, ademais da estética, tamén se encargan de atender as necesidades de moitas persoas dependentes e mesmo de avanzada idade que previsan asear o seu pelo. Non é vaidade, é hixiene", sentenciou.

Neste contexto, Carmela González lembrou que hai xa varias iniciativas aprobadas no Parlamento galego para instar o Goberno estatal a reducir este imposto ao sector, algo que serviría como "axuda directa" para uns establecementos que nos peores momentos da pandemia víronse obrigados a pechar.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a deputada autonómica Carmela González reúnense coa plataforma de imaxe persoal e barbarías Crer en Nós.. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a deputada autonómica Carmela González reúnense coa plataforma de imaxe persoal e barbarías Crer en Nós.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Nestor Rego e Ana Pontón non lles afectará moito o tema... pero parace incríble que esta emenda sexa a única de momento, se Castelao levantara a cabeza igual lle facían a permanente gratis ! UPG UPG UPG

1 Gamela

Parece que non vai ser a única súplica da UPG aínda que sexa con retraso (non falar da AP9 no Debate do Estado da Nación en Galiza) pero seica o vai facer Rego en Madrid ! O caso é que aquí a xente segue sen asinar a reclamación para recuperar os cartos estafados dende o ano 2013.... Manda Carallo ! https://www.europapress.es/galicia/...