Formalizada a cesión a Sionlla Biotech da parcela para a construción do Biopolo

A cesión da parcela foi acordada na xunta de goberno do 2 de agosto de 2021 por un prazo de 25 anos prorrogables.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2021 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou a formalización da cesión da parcela para a construción e posta en funcionamento do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnológicas, o Biopolo, cos representantes de Sionlla Biotech, José Fernández Alborés e Ramón Lois Lorenzo. No acto tamén estivo presente a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.

Co acto celebrado este luns formalízase a cesión da parcela denominada CSIEB, con forma de triángulo obtusángulo redondeado no vértice sur. Destinada a equipamento e de natureza demanial (ben de dominio público), conta con 10.233 metros cadrados de superficie e 3.000 metros cadrados de edificabilidade máxima. O seu valor catastral é de 90.943,61 euros.

A cesión da parcela a Sionlla Biotech foi acordada na xunta de goberno do 2 de agosto de 2021 por un prazo de 25 anos prorrogables, por mutuo acordo e previa solicitude, para que se destine á construción e posta en funcionamento do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas nas condicións que rexen a convocatoria a subvención do Igape.

Nesa mesma sesión, o goberno municipal acordou conceder a Sionlla Biotech licenza de obras para a construción do devandito centro, o CSIEB, que estará cualificado na ordenanza 5 como equipamento comunitario e de nova construción. A edificabilidade sería de 2.927,92 metros cadrados e a altura de 9 metros, con baixo e unha planta, segundo explicou o alcalde.

O orzamento de execución material é de 3.939.229,51 euros. Localizaríase na AV. de Murcia, número 3, no Polígono da Sionlla, e contaría cun prazo de inicio de obra de seis meses; e tres anos para o seu final.

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta