A Cámara de Comercio da Coruña repartirá 4 millóns de euros para avanzar en dixitalización

Tamén poñen o foco deste Plan de Actuación na creación de emprego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2021 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

A Cámara de Comercio da Coruña presentou este martes o seu primeiro Plan de Actuación para 2022, que este ano ten como novidade que foi renombrado como Plan Operativo Anual. Estará estruturado en 10 vectores e 60 liñas de actuación, e terá un investimento de 4,3 millóns de euros, a máis elevada dos últimos anos.

Así o explicaron na rolda de prensa da súa presentación o presidente da Cámara, Antonio Couceiro, e o director xeral da mesma, Manuel Galdo. Couceiro marcou a dixitalización como "o principal reto" ao que a entidade cameral destinará "tempo e recursos", mentres que Galdo foi o encargado de debullar os puntos chave do Plan Operativo.

Segundo explicou o seu director, a Cámara axudará ás empresas no seu proceso de internacionalización a través do seu Departamento Internacional e de programas para axudar e asesorar ás empresas: Foexga e Sinerxia, a feira Exporpymes, XPande e XPande Dixital, o Programa Internacional de Promoción (PIP) e de Int-ecomm. Ademais púxose en marcha o Servizo de Intelixencia Económica Internacional que inclúe unha base de datos que será de utilidade para operar no ámbito internacional.

A creación de emprego será outro punto chave, as empresas poderán solicitar axudas, de 4.950 euros cada unha, para contratar a mozos, e a través dos programas PICE, Mobilidade e 45+, novas e persoas maiores de 45 anos en situación de desemprego poidan mellorar a súa empregabilidade. Ademais celebraranse 3 Feiras de Emprego e 2 de FP Dual que terán lugar no transcurso do ano. Impulsaranse 100 bolsas para mozas, 20 delas para facer prácticas no estranxeiro, e 30 para maiores de 45.

Cámara de comercio
Cámara de comercio | Fonte: muypymes.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta