A Coruña é a provincia do Estado con maior índice de viúvos

Unha web de citas asegura que hai, de media, 40 persoas solteiras por quilómetro cadrado na provincia herculina.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Coruña, a provincia de España con máis viúvos. Un 2'06% dos habitantes da provincia coruñesa decláranse en estado de viuvez, segundo os datos dunha web de citas que vén de desembarcar en Galicia. Os datos da provincia coruñesa tradúcense tamén en que de media hai case 40 persoas solteiras por quilómetro cadrado, só entre os 20 e 59 anos. 

Cemiterio, lápida, lápidas, tumbas
Cemiterio, lápida, lápidas, tumbas

As cifras da provincia Coruñesa quedan así moi por riba da media estatal, xa que o 40% das persoas entre 20 e 59 anos está solteira. O índice é maior no caso dos homes --45%-- que no das mulleres, case dez puntos porcentuais por debaixo: 36%. Cun cálculo máis optimista, a web cifra en 1 de cada dúas persoas na provincia da Coruña os solteiros; sempre tendo en conta o estado civil, cousa que non se ten por que corresponder coa situación sentimental. 

En canto a matrimonios, o 48,86% das persoas residentes na Coruña está casada. Esta cifra é sempre lixeiramente superior nas mulleres que nos homes. No caso que nos ocupa, o 46,63% de homes forma parte dun matrimonio, mentres que no caso das mulleres a cifra ascende a 51,03%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta