Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 19:06
Renfe investirá en Galicia 29,20 millóns de euros durante o ano 2022, segundo o presidente da operadora, Isaías Táboas, que este mércores compareceu ante a Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Congreso dos Deputados. Durante a súa comparecencia, segundo destaca a operadora, Táboas informou os investimentos previstos por Renfe no próximo exercicio que ascenden a 918 millóns de euros.
No bloque relacionado coa renovación e mellora do parque de vehículos, está incluída "gran parte do investimento previsto en Galicia para o próximo exercicio, onde se inclúen", segundo sinala a propia Renfe: plan de compra do material (11,45 millóns de euros), grandes reparacións de material rodante (5,86 millóns) e actuacións no material rodante (4,49 millóns).
Por outra banda, chama a atención sobre as partidas dedicadas á seguridade da circulación (3,47 millóns), sistemas de información e outros investimentos (2,35 millóns), actuacións en estacións (698.000 euros), control de accesos intelixentes (539.000 euros), plan de accesibilidade material rodante (245.000 euros) e actuacións en talleres (74.000 euros).
INCREMENTO DE VIAXEIROS 2022
Isaías Táboas anunciou tamén que Renfe vai aumentar os seus ingresos en 1.050 millóns de euros en 2022. O aumento da cifra de negocio da operadora ten a súa orixe, asegura, en "un importantísimo incremento de viaxeiros e nun aumento sostido das toneladas transportadas".
Durante a súa comparecencia ante a Comisión do Congreso, Táboas explicou que Renfe pasará de transportar 345 millóns de viaxeiros en 2021 a 463 millóns en 2022, unha cifra que supón un aumento de viaxeiros de 118 millóns (un 34% máis).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.