Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2021 | Actualizada ás 20:07
Un veciño de Lousame faleceu este luns a consecuencia dun paro cardíaco sufrido mentres se atopaba nunha zona de adestramento para cans de caza situado nunha zona forestal do municipio coruñés onde residía.
O corpo sen vida deste veciño da parroquia de Vilacova de 66 anos foi localizado por outros aficcionados á caza ao redor das 14,00 horas deste luns, segundo fontes dos servizos de emerxencia consultados por Europa Press.
O falecido, que saíra pola mañá de casa acompañado polos seus cans de caza, tiña antecentes por problemas cardíacos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.