Piden 16 anos e medio de cárcere para un veciño de Coristanco por maltratar á súa muller e tentar asasinala

O xuízo celebrarase este martes na Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2021 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o martes o xuízo contra un home, veciño de Coristanco, acusado de maltratar á súa esposa e tentar asasinala, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Por intento de homicidio, malos tratos, inxurias, ameazas e lesións, a Fiscalía pide, no seu escrito de cualificación dos feitos, unha pena de 16 anos e medio de prisión.

Segundo o Ministerio Público, a convivencia familiar era "absolutamente insoportable" desde había anos, pero, sobre todo, a partir de 2020. "Posto que o procesado de maneira continua acusaba á súa esposa de manter relacións sexuais con outros homes polo que reiteradamente a insultaba".

Ademais, engade que eran frecuentes as ameazas de acabar coa vida da súa parella e, en varias ocasións, chegou a agredila fisicamente deixándolle marcas das que, aínda que a muller non foi a curarse a ningún centro médico, si que foron vistas en ocasións por familiares e mesmo por veciños, a pesar de que ela trataba de ocultalas.

Nunha ocasión, a filla da parella chamou á Garda Civil pero a muller "polo medo que sufría de forma constante, minimizou ante os axentes a importancia da situación que vivía alegando que todo se trataba dunha discusión sen maior transcendencia".

Fiscalía sinala, no entanto, que o home chegou a dicirlle nalgunha ocasión que a mandaría "ao cemiterio". Sobre os feitos polos que se lle acusa, asegura que se produciron en agosto cun coitelo de cociña despois dunha nova discusión. Tivo lugar despois de que a muller abandonase a casa para "evitar calquera enfrontamento" e cando a vítima, xunto á súa nai, dirixiuse a casa doutra veciña.

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta