Os tribunais galegos resolven máis de 100.000 casos no segundo trimestre, un 5,6% máis

A taxa de litixiosidade, é dicir, o número de casos por cada 1.000 habitantes, situouse en Galicia en 36,21, por baixo da media estatal, que foi de 39,83.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2025 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

Os órganos xudiciais galegos resolveron no segundo trimestre deste ano un total de 105.233 procedementos, un 5,6% máis que nas mesmas datas de 2024, segundo datos publicados este luns polo Consello Xeral do Poder Xudicial no informe estatístico sobre a Situación dos órganos xudiciais no segundo trimestre de 2025.

O maior incremento no número de casos finalizados produciuse nos xulgados e tribunais da xurisdición civil, pois concluíron 54.620 asuntos, un 14,3% máis, mentres que os da penal mantiveron a súa capacidade de resolución. A finalización de casos nos órganos contencioso-administrativos baixou un 2,3% e nos sociais, un 11,3%.

Entre abril e xuño os xuíces e xuízas recibiron 97.986 novos casos, o que supón un descenso interanual dun 3,1%. O ingreso de asuntos descendeu na xurisdición civil -un 8,6%- e na social -un 4%-, mentres que aumentou na penal -3,7%- e na contencioso-administrativa -11,4%-.

A taxa de litixiosidade, é dicir, o número de casos por cada 1.000 habitantes, situouse en Galicia en 36,21, por baixo da media estatal, que foi de 39,83. As comunidades que rexistraron unha taxa inferior á galega foron: Castela e León (35,79), Aragón (35,67), Cantabria (34,91), Castela-A Mancha (34,12), Navarra (31,79), Estremadura (30,73), País Vasco (27,85) e A Rioxa (27,48).

A 30 de xuño, os xulgados e tribunais de Galicia tiñan 218.671 asuntos en trámite, un 8,3% máis que na mesma data do ano anterior. Con todo, o número de casos abertos ao terminar o trimestre reduciuse con respecto ao comezo, pois a 1 de abril rexistraban 227.530 asuntos sen finalizar.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu a xura ou promesa de tres xuízas e un xuíz da 74.ª Promoción da Carreira Xudicial.. TSXG
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu a xura ou promesa de tres xuízas e un xuíz da 74.ª Promoción da Carreira Xudicial.. TSXG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta