Ingresada unha nena de 10 anos con prognóstico reservado tras ser atropelada en Bergondo

Os feitos producíronse ao redor das 15.29 horas, en Fiobre, na AC-164, xunto á parada existente na contorna do parque infantil.

Por E.P. | Bergondo | 02/11/2021 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

Unha menor de dez anos resultou atropelada este martes cando viña en autobús do colexio, segundo informa o consistorio de Bergondo. Os feitos producíronse ao redor das 15.29 horas, en Fiobre, na AC-164, xunto á parada existente na contorna do parque infantil.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

De acordo coa información facilitada, a menor cruzou a estrada, sendo atropelada por un turismo que circulaba en dirección Bergondo.

Ata o lugar desprazouse a Policía Local, Protección Civil, a Garda Civil de Tráfico e dúas ambulancias do 061, unha delas a UVI móbil. A menor foi trasladada con prognóstico reservado ao Hospital Teresa Herrera da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta