O orzamento do Consorcio provincial contra Incendios de Pontevedra será de case catro millóns de euros

As contas foron apoiadas por unanimidade dos membros do pleno, presidido polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2021 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O pleno do Consorcio provincial contra Incendios e de Salvamento de Pontevedra aprobou este martes o orzamento da entidade para o ano 2022, que ascende a 3,9 millóns de euros e rexistra un incremento do 2 por cento.

As contas foron apoiadas por unanimidade dos membros do pleno, presidido polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

A Xunta lembra que será o primeiro exercicio desde o cambio de modelo cara a unha xestión "cento por cento pública", cunha achega de preto de dous millóns de euros por parte do Goberno galego, e que implica á súa vez a subrogación do persoal.

A sesión tamén contou coa aprobación das retribucións de 2022, que prevén un incremento máximo do 2 por cento nas remuneracións.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta