A Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia visita aos seus homólogos cataláns

Os obxectivos do encontro pasan por ampliar a relación de contactos dos centros, compartir experiencias e potenciar a excelencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2021 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

A Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG) realizou unha visita a Cataluña, organizada pola Fundación Universidade-Empresa Galega (Feuga), para manter varias sesións de traballo cos seus homólogos do sistema de investigación catalán.

Esta actividade enmárcase no plan de traballo da Rede de Centros de Investigación do SUG, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia, en colaboración con Feuga, para potenciar a excelencia do sistema de investigación galego e impulsar o seu posicionamento a nivel nacional e internacional.

A delegación galega estivo encabezada polo Secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro e contou coa participación dos vicerreitores de investigación das tres universidades galegas (Salvador Naya Fernández da UDC, Vicente Pérez Muñuzuri da USC e Belén Rubio Armesto da UVIGO), o director de FEUGA, Javier Pereiro, e directores, subdirectores e xestores principais das entidades que integran a Rede de Centros de Investigación do SUG.

Estas entidades, CITIC, CIMUS, CIQUS, CITIUS, CIM, CINBIO e ATLANTTIC, puideron compartir experiencias e coñecer a xestión organizativa e científica de cinco centros que representan modelos diferentes de éxito no sistema de investigación catalán: IDIBAPS, I2CAT, ICFO, CED e ICTA.

As sesións contribuíron, ademais, a ampliar a relación de contactos dos centros e a situar á Rede de Centros de Investigación do SUG no panorama nacional.

Laboratorio do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiales Moleculares (CIQUS)
Laboratorio do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiales Moleculares (CIQUS)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta