Campaña da Deputación da Coruña contra a violencia machista á que se suman 90 concellos e 60 entidades

Finalizará o 25 de novembro, no exterior da Biblioteca Provincial, na Coruña, cunha lectura colectiva de textos poéticos a cargo dos poetas Charo Lópes, Nuria Vil e Lucía Aldao.

Por E.P. | A CORUÑA | 04/11/2021 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

Un total de 88 concellos e 59 entidades sumáronse á campaña 'De Fronte' da área de Igualdade da Deputación da Coruña, dirixida a concienciar contra a violencia machista.

Trátase dunha campaña que comeza este xoves en Arteixo cunha xornada sobre violencia vicaria, a cargo de Vitoria Rei Mariño, psicóloga experta en xénero, e Cristina Martínez Fernández, avogada experta en violencia de xénero.

Finalizará o 25 de novembro, no exterior da Biblioteca Provincial, na Coruña, cunha lectura colectiva de textos poéticos a cargo dos poetas Charo Lópes, Nuria Vil e Lucía Aldao.

Noutra orde de cousas, no ámbito das infraestruturas, a Deputación da Coruña executará a terceira e última fase do proxecto de mellora da travesía de Sísamo, en Carballo. O seu presidente, Valentín González Formoso, explicitó este compromiso durante unha visita á localidade.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na súa comparecencia na comisión de orzamentos do Parlamento de Galicia
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na súa comparecencia na comisión de orzamentos do Parlamento de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta