Premios para centros de Lugo, Marín e Gondomar no concurso 'Contádenos o voso Día das Letras' da RAG

No certame, convocado a través do proxecto dixital Primavera das Letras, que dota á comunidade educativa de infantil e primaria de recursos para "profundar na figura á que a institución rende homenaxe cada 17 de maio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2021 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

Os centros de educación infantil e primaria Manuel Mallo Mallo (Lugo), do Carballal (Marín) e Souto-Donas (Gondomar) son os gañadores do concurso 'Contádenos o voso Día das Letras', convocado pola Real Academia Galega (RAG).

No certame, convocado a través do proxecto dixital Primavera das Letras, que dota á comunidade educativa de infantil e primaria de recursos para "profundar na figura á que a institución rende homenaxe cada 17 de maio", participaron 125 centros de toda Galicia. O tres colexios gañadores recibirán un lote de libros e todos os participantes recibirán un diploma acreditativo.

No CEIP Manuel Mallo Mallo de Lugo, o alumnado reinterpretou contos de Non te amola!, a obra narrativa de Xela Arias --homenaxeada este 2021-- que permaneceu inédita ata este ano. Os nenos e nenas de menor idade déronlle forma con plastilina ao relato 'Hai un monstro no váter' e noutros cursos graváronse as representacións teatrais de 'Carlota quere facerse tendeira' e 'O avós son como ocinema', entre outros.

O CEIP do Carballal (Marín), que xa había resultado premiado na edición dedicada a Carlos Casares, volveu apostar pola música e o audiovisual para renderlle homenaxe a Xela Arias cun videoclip protagonizado polo alumnado de 4º e 6º de primaria.

No CEIP Souto-Donas de Gondomar o alumnado de infantil elaborou un mural en forma de crebacabezas con distintas técnicas artísticas partindo da Xela Arias nena que lle puxo imaxes á primeira edición de Os soños na gaiola de Manuel María. En primaria os nenos e nenas crearon debuxos para os versos da homenaxeada e a celebración completouse cunha biografía audiovisual.

Xela Arias nunha fotografía de Xulio Gil
Xela Arias nunha fotografía de Xulio Gil | Fonte: Real Academia Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta