Transportistas de mercadorías por estrada convocan un peche antes de Nadal polo "abandono" do Goberno

Os peches terán unha duración de 24 horas e produciranse o 19 e o 24 de decembro deste ano

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 10/11/2021 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

O departamento de Mercadorías do Comité Nacional dos Transportes por Estrada (CNTC), entidade que reúne co Goberno a todos os axentes do sector do transporte, declarou dúas xornadas de peche patronal antes de Nadal polo "estado de abandono por parte do Goberno".

Camións para o transporte de mercadorías.
Camións para o transporte de mercadorías.

Os peches terán unha duración de 24 horas e produciranse o 19 e o 24 de decembro.

O departamento de Mercadorías do CNTC subliñou que "se esgotou a paciencia do sector", así como as canles "razoables" de negociación. As empresas tamén acusan os seus clientes dunha "absoluta falta de sensibilidade" pola presente conxuntura económica, así como de aproveitarse da súa "posición de dominio" outorgada pola actual regulación.

"Só un cambio radical e urxente por parte do Goberno e clientes podería evitar este conflito", alertou o departamento de Mercadorías do CNTC.

O organismo criticou a prohibición de que os condutores realicen carga e descarta de camións, a non implementación da Euroviñeta e a aplicación obrigatoria da cláusula de revisión do custo de combustible. Tamén bota en falta a construción de áreas de descanso "seguras" para os profesionais do transporte de mercadorías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta