Condenada a 3 anos unha nai que fuxiu a Suíza cos seus nenos, cuxa tutela correspondía á Xunta

O tribunal ratificou a condena imposta polo Xulgado do Penal 3 de Pontevedra a esta muller por un delito de subtracción de menores.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 11/11/2021 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra confirmou a condena a tres anos prisión a unha nai por fuxirse a Suíza cos seu tres fillos menores, cuxa garda correspondía a un centro ao estar tutelados pola Xunta. Segundo recolle a sentenza, contra a que cabe recurso de casación, o tribunal ratificou a condena imposta polo Xulgado do Penal 3 de Pontevedra a esta muller por un delito de subtracción de menores. Deste xeito, rexeitou o recurso interposto pola procesada.

Os maxistrados consideran probados os feitos recollidos na sentenza. Así,  detallan que unha resolución ditada en xullo de 2018 pola Xunta declarou "o desamparo dos tres menores" fillos desta muller e "a tutela pública deles", delegando a súa garda nun centro de Pontevedra. Despois dunha saída de fin de semana ao domicilio familiar, o 29 de setembro de 2019, a acusada debía reintegrar os seu tres fillos nunha parada de autobús para a súa recollida no transporte escolar. Con todo, a sentenza sinala que, "de forma deliberada e sen contar coa preceptiva autorización para o efecto", esta muller "fuxiu con eles ao estranxeiro", tras o que foi interceptada ao día seguinte nun posto fronteirizo en Suíza.

O tribunal subliña que non se constatou que os nenos fosen vítimas de agresións por coidadores do centro nin a posibilidade de que a exparella da recorrente puidese agredilos. Por iso, conclúe que "non existía unha situación de estado de necesidade".

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra tamén afirma que "non se reflicte anomalía ou alteración do estado de saúde" da recorrente, que faltou á cita para a realización dun exame médico forense sobre "a súa capacidade intelectiva e volitiva en relación con patoloxías psíquicas e consumos de sustancias estupefacientes".

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta