O programa Xantar na Casa incluirá aos concellos de Monfero e Taboada

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asinou este venres a incorporación ao programa dos concellos de Monfero e Taboada cos seus alcaldes, Andrés Feal e Ramiro Moure.

Por E.P. | VIGO | 12/11/2021 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

Monfero e Taboada  adheríronse ao programa de atención alimentaria a domicilio Xantar na Casa, que desenvolve a Xunta en colaboración con entidades locais.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asinou este venres a incorporación ao programa dos concellos de Monfero e Taboada cos seus alcaldes, Andrés Feal e Ramiro Moure. Deste xeito, o servizo beneficiará a unha vintena de persoas residentes no municipio coruñés e outro dez do lucense.

A iniciativa busca garantir unha dieta saudable, equilibrada e a adaptada ás necesidades dos seus usuarios, dos que a maior parte son maiores que viven sós, persoas dependentes ou en risco de exclusión. A comida repártese nas vivendas nunha única entrega para toda a semana e tamén se poden proporcionar electrodomésticos a persoas que carezan deles.

Os beneficiarios son seleccionados por servizos sociais municipais, mentres a Xunta financia o 50% do custo da comida. O resto do importe asúmeno os municipios e os usuarios. A incorporación de Monfero e Taboada a Xantar na Casa eleva a 190 as localidades galegas adheridas.

Os alcaldes e a conselleira asinan a adhesión ao programa Xantar na Casa. XUNTA
Os alcaldes e a conselleira asinan a adhesión ao programa Xantar na Casa. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta