Unha carga policial para "protexer os deputados e o Parlamento"

A Delegación do Goberno defende a actuación dos antidisturbios contra os manifestantes do cerco. Os pechados na Cámara deixan a súa protesta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/03/2014 | Actualizada ás 23:16

Comparte esta noticia

"Actuouse para repeler as arremetidas de grupos violentos que se amparaban nunha manifestación para provocar graves aletercados", esta é a xustificación dada este martes pola Delegación do Goberno para defender a dura carga policial contra os mariñeiros do cerco que protestaban pola baixada da cota do xurelo.

A Policía carga contra os mariñeiros do cerco concentrados ante o Parlamento galego
A Policía carga contra os mariñeiros do cerco concentrados ante o Parlamento galego | Fonte:

Nas súas arremetidas a policía detivo a tres persoas, que xa están libres, e feriu a numerosos manifestantes. Con todo, a Delegacion do Goberno suliñou que oito axentes tamén resultaron feridos nos enfrontamentos.

Na súa explicación da carga policial, que indignou a todos os grupos da oposición, a representación do Estado en Galicia suliñou que se actou para protexer "aos deputados e ao Parlamento" da acción dos manifestantes.

Ademais, insistiu en que a protesta era legal no traxecto anunciado, da praza do Obradoiro até a Xunta, pero non así o percorrido que se decidiu unha vez ante o Goberno galego e até o Parlamento de Galicia.

Por iso, e ante a provocación de "grupos violentos" a Policía cargou para restaurar a legalidade xa que, "no mesmo horario estaban convocadas outras dúas manifestacións ante a Cámara lexislativa galega, que si foran comunicadas, polo que os axentes da Policía Nacional debían protexer a estas outras persoas e aos viandantes".

Abandono do peche dos mariñeiros na Cámara galega

Por outra banda, os cinco mariñeiros pechados no Parlamento de Galicia deixaron a última hora a sede do lexislativo tras recibir o compromiso de que este mércores poderán regresar e seguir negociando unha saída para o problema causado pola repartición nas cotas da cabala e xurelo.

Esta decisión tomouse a última hora da tarde, e foi o vicepresidente da Mesa, Miguel Santalices, quen informou deste acordo adoptado coa mediación da Mesa do Parlamento, xa que a Cámara ía reclamar un desaloxo forzoso.

Un destes mariñeiros, José Blanco, sinalou que regresarán co compromiso de volver negociar con todos os partidos e co Goberno autonómico, co presidente ou o vicepresidente.

Pola súa banda, Santalices comprometeuse a que mañá poidan voltar á Cámara e manter as reunións que consideren necesaria. Ademais, asegurou que a Mesa do Parlamento trasladou aos mariñeiros a súa preocupación por que decidisen pasar a noite nas instalacións porque "non queriamos, nin moitísimo menos" que houbese un desaloxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 galegoexiliado

"...se actou para protexer aos señores feudais agochados no Castelo do Parlamento frente ao asalto das forzas irmandiñas á valla do castelo". Derrotadas as forzas asaltantes os virrey e os seus caciques segueron alleos ó padecemento e as demandas dos seus vasalos. Dende a sua atalaia berraban:"Si quieren pan, que les den balas de goma, ahora que no las usamos en Ceuta tenemos de sobra". Galiza PParaiso PPopular envexa do mundo enteiro.

2 Explicacións

Os de AGE xa se sabe por que non foron. Estaban ocupados votando a favor do pucheirazo no voto emigrante con PP e PSOE

1 cachamuiña

Co Partido Podre as forzas provocadisturbios están na súa salsa: Cobran máis que nunca e mallan na xente canto queren. Logo a CIG fai manifestacións conxuntas co SUP

1 Non Áparanoia

Fora da rivalidade lóxica en período eleitoral, a desvalorización da principal conquista da posguerra, un sindicato proprio dos galegos, non é só un paradoxo para quen se define como nacionalista, senon que a reiteración obsesiva na relación de culpabilidade con todos os sucesos, achega a teima a unha patoloxía máis próxima a un problema de saúde que a unha discrepancia política.