A menor agredida por un amigo no Carballiño recibe o alta hospitalaria e está xa na casa

A familia está á espera de que a menor sexa tratada nun centro de neurorehabilitación fóra de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2021 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

A menor agredida no Carballiño por un amigo xa recibiu o alta hospitalaria hai uns días, tras case dous meses ingresada, e puido regresar á vivenda familiar.

A adolescente tiña 14 anos cando foi atacada o 9 de setembro cunha pata de cabra por un amigo de 13, que tiña a intención de matala para "saber que sentía", segundo el mesmo declarou ás autoridades.

A vítima estivo na planta de reanimación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) ata finais de outubro, cando foi subida a planta ata que finalmente puido abandonar o hospital o día 31 e volver á súa casa no Carballiño.

Agora, debido ás secuelas padecidas por esta agresión, a familia está á espera de ser tratada nun centro de neurorehabilitación situado fóra de Galicia.

Pola súa banda, o menor que supostamente acometeu os feitos leva semanas internado nun centro de menores para adolescentes con problemas de conduta tutelado pola Xunta de Galicia, xa que ao ter menos de 14 anos non se enfronta a responsabilidades penais.

Varias mulleres sosteñen imaxes da moza agredida no Carballiño durante unha concentración de repulsa ao suceso. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Varias mulleres sosteñen imaxes da moza agredida no Carballiño durante unha concentración de repulsa ao suceso. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta