Por Desconcierto | Vigo | 13/03/2014 | Actualizada ás 09:56
Guerrera xa teñen o seu próximo disco listo. O seu título, "Mauna Loa" (Matapadre, 2014), invoca os deuses do magma e a erupción, aos cabelos e bágoas de Pelé, deusa hawaianaa do lume, o lóstrego, os volcáns e a violencia, aínda que outros afirman que da paixón divina e a maxia purificante do lume. Nada máis acertado para un grupo que conta as súas actuacións como descargas infinitas de enerxía en estado puro. O día de lanzamento será o 31 de marzo, e agora adiántannos a portada e, ademais, un montón de datas de presentación repartidas por toda a península.
"Mauna Loa" é unha continuación do 'punch' e as intencións da súa primeira referencia "Under the Gipsy Sun" (Autoeditado, 2013), aquel disco que nos deixou petrificados cunha incomparable mestura de blues, stoner e psicodelia a partes iguais. Agora, co seu novo disco e un son claramente mellorado, sedúcennos cun título que dá no cravo, fiel reflexo dos constantes estados do grupo galego, coas súas subas e baixadas e idas e vindas, sempre detrás da éxtase hipnótica a través da forza bruta e a enerxía suprema, a música levada ao estado máis alto e puro coma se dun prodixio da natureza se tratasen.
O álbum foi gravado nos novos Estudos Monte Alto da Coruña, durante este ano e a produción correu a cargo de Fernando Mejuto e o propio grupo, mentres que a masterización a realizou Roger Seibel nos estudos SAE Mastering en Phoenix, AZ.
Mención á parte merece o artwork do disco, realizado polo tamén membro de Guerrera Hugo Santero. Se a portada é unha canalización desas mostras de enerxía nunha figura xeométrica en tons próximos a un vermello eléctrico, a edición en vinilo conta cunha marabilla de deseño que probablemente nos deixará de novo petrificados como estatuas. P
A posta de longo mundial será o próximo 4 de abril na viguesa sala La Iguana. Pero aí non quedará a cousa, xa que unha extensa xira os levará ao longo da primavera por toda a xeografía do estado español. A continuación deixámosvos as datas confirmadas ata o momento:
04.04 - A Iguana. Vigo
05.04 - Casa Tomada. Coruña
10.04 - Salga Matadero. Azkoitia
11.04 - Sala Mogambo. Donosti
12.04 - Ozaguer Rock Fest. Zaragoza
19.04 - Mel Fest. Viveiro
25.04 - Liceo Mutante. Pontevedra
26.04 - Pub Clavicémbalo. Lugo
02.05 - Sala Avenida. Escairón
03.05 - Sala Berlín. Ourense
10.05 - La[2] de Apolo. Barcelona
23.05 - Zona C. Santiago de Compostela
06.06 - Sala Siroco. Madrid
Unha noticia de desconcierto.com
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.