Lanzan unha campaña contra as violencias de xénero que "impactan dobremente" nas mulleres trans

A acción, impulsada pola a asociación de familias de menores trans (Arelas), busca facilitar información, relatos en primeira persoa e asesoramento de profesionais en relación á violencia machista cara ás persoas trans.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2021 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

Ás portas do día internacional da Memoria Trans, que se conmemora o próximo 20 de novembro, e do día contra a violencia de xénero - o 25 de novembro-, a asociación de familias de menores trans (Arelas) vén de lanzar unha nova campaña de sensibilización e acción social contra o “descoñecemento das violencias de xénero que sofren as mulleres trans e para a súa prevención”. 

Bandeira trans
Bandeira trans | Fonte: arquivo

A acción, que leva por nome 'TRANSmedia, un mundo seguro comeza aquí', busca facilitar información, relatos en primeira persoa e asesoramento de profesionais en relación á violencia de xenero, con especial atención á sufrida polas rapazas e mulleres trans. “Partimos dunha situación de falta de dereitos das mulleres trans, ausencia de leis, discursos de odio, rexeitamento familiar e social, pandemia… con resultados de exclusión e precariedade vital e laboral. As rapazas e mulleres trans son obxectivizadas, fetichizadas e deshumanizadas”, denuncia a asociación nun comunicado.

A través desta campaña, Arelas pon o foco en que "a violencia de xénero impacta dobremente sobre as mulleres trans". Para visibilizar estas violencias e loitar contra as discriminacións, a asociación difunde todo o material vinculado a relatos persoais, datos e información de fontes expertas a través da súa páxina web e redes sociais. A campaña está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade na Rede a través dos fondos polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Igualdad. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta