O 2 de marzo de 2023 entrou en vigor a Lei 4/2023, de 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI, que entre outros aspectos, modificou o procedemento de cambio de sexo no rexistro en España. Coa aprobación desta lei, o cambio de sexo quedou desvinculado da aprobación médica ou psicolóxica tanto nas persoas maiores como menores de idade.
  comenta   0
"Negar a motivación de odio que impulsou o ataque supón invisibilizar a realidade da violencia sistemática á que se enfronta este colectivo", di.
  comenta   0
De súpeto, non hai clase baixa. Polo visto, abonda con ingresar 11.400 euros anuais brutos para non pertencer a ela, e con subir dos 30.500 para pertencer á clase alta.
  comenta   0
Foi a primeira sentenza xudicial dunha muller trans en Galicia e estivo a piques de ir a prisión por denunciar a unha mafia na súa loita en Inmigración.
  comenta   2
Actualmente presenta o programa Raíña-Me! de AGalega.gal e repasamos da súa man a situación do mundo drag en Galicia no marco da semana do Orgullo.
  comenta   0
A violencia machista continúa sendo un dos problemas máis graves e persistentes na sociedade española contemporánea. Os datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) para o ano 2023 revelan un alarmante aumento no número de mulleres vítimas de violencia machista, alcanzando cifras nunca antes vistas na última década. Este fenómeno reflicte non só a magnitude do problema, senón tamén a urxente necesidade de abordalo de xeito integral e efectivo.
  comenta   0
A líder de Sumar cargou contra Santiago Abascal e o seu "modelo de masculinidade". "Que un home nunha empresa teña un permiso corresponsable, intransferible e poida gozar do coidado dos seus fillos, da súa familia, para Abascal, ese modelo é horroroso. Supoño que ese home será obxecto de burlas", indicou.
  comenta   0
Un estudo advirte que os centros de ensino non son "espazos seguros" para o alumnado LGTB en Galicia. Un 23% do profesorado e un 28% do alumnado participante declara formar parte do colectivo e máis da metade (54%) mantén a súa identidade ou orientación sexual en segredo.
  comenta   0
A portavoz de Feminismos, Igualdade e Dereitos LGTBI+ de Sumar, Elizabeth Duval, alertou dun PP que a nivel estatal "está a recortar permanentemente dereitos LGTBI e pondo en perigo conquistas". "Somos pioneiras", salientou Marta Lois, quen indicou que Sumar "vén para aprobar e avanzar moito máis alá dos mínimos desa lei" de 2014.
  comenta   0
O PP sinala ao BNG, que buscaba mencionar a lei trans, o 'só si é si' e un rexeitamento a pactar con partidos que negan a violencia machista.
  comenta   0
A conselleira Elena Rivo cre que é "unha cuestión de Estado que debe unir e non desunir" e reivindica o compromiso de Feijóo coa materia
  comenta   0