Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2025 | Actualizada ás 19:13
Galicia contabiliza 783 cambios rexistrais de sexo desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2024, o que a sitúa como a quinta comunidade da lista. Así figura nunha resposta do Goberno a unha petición de tres deputadas do grupo parlamentario VOX --Rocío Aguirre Gil de Biedma, Rocío de Meer Méndez e María de los Reyes Romeu Vilches--.
O 2 de marzo de 2023 entrou en vigor a Lei 4/2023, de 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI, que entre outros aspectos, modificou o procedemento de cambio de sexo no rexistro en España. Coa aprobación desta lei, o cambio de sexo quedou desvinculado da aprobación médica ou psicolóxica tanto nas persoas maiores como menores de idade.
Segundo esta normativa, "en ningún caso poderá estar condicionado á previa exhibición de informe médico ou psicolóxico relativo á desconformidade co sexo mencionado na inscrición de nacemento, nin á previa modificación da aparencia ou función corporal da persoa a través de procedementos médicos, cirúrxicos ou doutra índole."
Os datos agora presentados polo Executivo son dispares segundo a comunidade autónoma, con Madrid e Cataluña á cabeza con 1.931 e 1.887, respectivamente. Pola súa banda, Galicia é a quinta con 783 durante os dous primeiros anos do novo sistema de cambios rexistrais. Así mesmo, na Rioxa e Melilla realizáronse 27 e 22 cambios de sexo nos últimos dous anos, unha cifra que as posicina pola cola. Doutra banda, o Estado proporcionou tamén información sobre o número de reasignacións de sexo levadas a cabo por medio dos rexistros consulares, que se sitúan en 48.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.