Ampliado o prazo para pasarlle a 'ITV' aos edificios galegos de máis de 50 anos

A Xunta dá tres anos para facer este estudo obrigatorio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2021 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

A Xunta ampliará a tres anos o prazo, inicialmente fixado nun, para que os propietarios de edificos de máis de 50 anos de antigüidade leven a cabo o informe de avaliación obrigatorio, bautizado como a 'ITV' dos inmobles. Así figura na modificación do decreto aprobado en abril polo Executivo galego, que desde este xoves queda en período de exposición pública durante os próximos 15 días de cara a solicitar as alegacións dos interesados.

Deste xeito, a Xunta cambia o decreto aprobado fai medio ano para ampliar a tres anos o prazo previsto para que os inmobles de máis de 50 anos pasen este informe sobre o seu estado e que mide, a modo da inspección á que deben someterse periodicamente os vehículos, parámetros como conservación, accesibilidade ou eficiencia enerxética.

Segundo explica a Administración autonómica, esta modificación responde as "dificultades" detectadas nos últimos meses "para conseguir os acordos das comunidades de propietarios necesarios para proceder á elaboración e posterior presentación do devandito informe". Isto, continúa a Xunta, débese a "as limitacións establecidas" para celebrar xuntas veciñais "a raíz" da pandemia, o que, segundo a Xunta, "está a afectar á posibilidade de cumprir co prazo límite dun ano inicialmente establecido".

Por tanto, o Goberno autonómico sostén que a ampliación ao tres anos para a realización das avaliacións prodúcese "en resposta á demanda trasladada por algúns concellos e colectivos" ao Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Casco vello de Allariz
Casco vello de Allariz | Fonte: XMF

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta