O BNG pide rematar coa"pandemia da violencia machista" cun decálogo de medidas

Educar en igualdade, 1 de cada 100 euros, combater a violencia obstétrica e discriminación en estudos sanitarios, entre outras medidas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acompañada da deputada e responsable de feminismo na executiva, Noa Presas, presentou un decálogo de medidas con motivo do Día Internacional para a erradicación das violencias machistas. Así, pediu "pisar o acelerador" contra o que denominou unha "pandemia" máis aló da covid-19 e reclama máis fondos e máis medidas desde o ámbito social, sanitario e xurídico.

Neste decálogo, o primeiro punto é dedicar o 1 por cento a loitar contra a violencia machista, o que supón 116 millóns de euros, posto que a lei "segue sen aplicarse" e hai que "blindar" o financiamento.

O BNG pide aumentar as axudas para "saír da violencia" e que se equiparen as contías das vítimas de violencia machista ás do terrorismo. "Educar en igualdade" --cun plan galego de educación afectivo-sexual--; máis prazas de acollida --cunha rede integramente pública--; máis centros de información ás mulleres e ampliación dos puntos de encontro; formación de todos os axentes implicados no proceso de denuncia ata a cadea de xustiza; mellorar a atención ás vítimas da violencia sexual; protexer aos menores en situación de malos tratos --"un maltratador non é un bo pai--; combater a violencia obstétrica --incluíndo á cuestión de sexo nos estudos de enfermidades e medicina-- e crear dous centros de referencia en Galicia para a interrupción voluntaria do embarazo.

Así mesmo, reclamou "documentar ben a violencia" sobre as mulleres, de maneira que se realice de forma periódica unha macroencuesta sobre como evoluciona e o impacto das políticas públicas neste ámbito a nivel de Galicia. "Temos que pór o foco en pisar o acelerador na loita contra a violencia machista, que afecta cada día miles de mulleres en todo o mundo", salientou Pontón.

Na rolda de prensa, para a que se elixiu o espazo da Casa Xohana Torres polo seu "simbolismo", Pontón quixo "reflexionar" sobre que a covid "non é a única pandemia", senón que "hai outras que afecta a todas as mulleres, de todas as idades" e condición que é a das "humillacións, malos tratos físicos e psicolóxicos e, na súa forma máis extrema, no asasinato". Violencia, advertiu, que se exerce "polo feito de ser mulleres".

ALGÚNS DATOS

Pontón referiuse a a última macroenquisa cuxos datos foron publicados polo Ministerio de Igualdade o 50 por cento das mulleres recoñece sufrir violencia machista nalgún momento da súa vida. Dous millóns de mulleres sufriu situacións de acoso no último ano en todo o Estado e, en Galicia, desde o ano 2003, rexistráronse 66 mulleres "asasinadas polo terrorismo machista", mentres que no que vai de ano polo menos unhas 6.000 mulleres sufriron algún tipo de violencia machista.

A dirixente nacionalista avisou de que se trata dunha violencia que "afecta a todos os ámbitos" e lembrou sentenzas que fixeron que a cidadanía saíse á rúa, como a da Manda ou a da Maruxaina (o peche da instrución en primeira instancia agora reaberta por orde da Audiencia Provincial de Lugo), que son "a punta do icerberg".

Ademais, a portavoz nacional do Bloque salientou que na loita contra a violencia machista é preciso a implicación "de todos", incluídos "os homes": "amigos, compañeiros, mozos, adolescentes, pais.... "Porque para avanzar na liberdade das mulleres, necesitamos que a outra parte se implique nesta loita", remarcou, para rexeita que se fale de "machismo de baixa intensidade: todo o machismo é de intensidade alta, en todos os ámbitos".

Durante a súa intervención, tamén mostrou o "orgullo" do movemento feminista galego, que foi "referente" nas súas mobilizacións e reivindicacións, a favor "dunha Galicia libre de violencia machista e polo dereito a vivir sen violencia".

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Noa Presas, responsable de feminismo na Executiva, en rolda de prensa o 25 de novembro de 2021
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Noa Presas, responsable de feminismo na Executiva, en rolda de prensa o 25 de novembro de 2021 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riolo

Por fín se quitan las caretas. 1% contra la violencia machista. Un montón de dinero para repartir entre los chiringuitos de género. Eso es el fondo de todo.