O aeroporto de Santiago prepárase para episodios de xeo e neve ante a baixada das temperaturas

Aena activa o seu plan de inverno en 21 aeroportos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

Aena activou o 'Plan de Actuacións Invernais fronte a continxencias de xeo e neve', máis coñecido como Plan Inverno, que está operativo desde o 1 de novembro en 21 aeroportos da rede, ente eles o de Santiago, que durante os próximos meses teñen risco de sufrir condicións meteorolóxicas adversas.

Para a campaña Aena conta cun orzamento total que rolda os 2,7 millóns de euros. O plan establece os procedementos que deben seguir os aeroportos ante este tipo de continxencias co obxectivo de que o xeo e a neve minimicen o impacto no tráfico aéreo dos aeroportos, onde a prioridade é en todo momento a seguridade.

Para unha adecuada aplicación do plan, os procedementos actualízanse regularmente, a maquinaria e medios técnicos revísanse periodicamente e o persoal implicado recibe unha formación continuada que se intensifica na tempada anterior á chegada da tempada invernal. Neste plan operacional participa tanto persoal de Aena como outros axentes implicados, entre os que están as compañías aéreas e os axentes 'handling' de asistencia en terra, con quen se coordinan diversas actuacións.

Arquivo - Aeroporto de Aena.. AENA - Arquivo
Arquivo - Aeroporto de Aena.. AENA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta