Os Xardíns que Falan dín NON ao machismo

Xardíns que Falan naceu có obxectivo de converter as zonas verdes urbanas de Pontevedra en espazos vivos contra o terrorismo machista.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/11/2021 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

Por segundo ano consecutivo, os Xardíns que Falan, no Concello de Pontevedra, volven a alzar a voz para sumarse á conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e enviar unha tallante mensaxe reivindicativa. 

Concelleiros socialistas nas instalacións artísticas dos xardíns de Castro Sampedro
Concelleiros socialistas nas instalacións artísticas dos xardíns de Castro Sampedro | Fonte: Prensa PSOE

Así, a iniciativa impulsada pola Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural preparou nos xardíns de Casto Sampedro unha composición de flores e bolboretas violetas e instalou un banco morado no que pode lerse a seguinte invitación e reflexionar: 'Senta e pensa... No último machismo ante o que calaches #25N'.

Para a realización destas composicións artísticas, o departamento que dirixe o socialista Iván Puentes contou coa colaboración da empresa Troquiña, especializada en xardinería e paisaxismo.

O banco reivindicativo foi inaugurado esta mesma mañá nun acto no que participaron o tenente alcalde, Tino Fernández, e a concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, acompañados doutros militantes socialistas que asistiron ao remate do acto institucional Violencia Zero.

"A nosa loita segue a acadar avances, pero aínda queda moito camiño por percorrer. Por desgraza, temos metabolizados e normalizados determinados comportamentos machistas que non o son e vai sendo hora de sentar e pensar sobre eles e comezar a erguer as nosas voces contra eles. O machismo non pode contar coa nosa complicidade nunha sociedade decente", sinala o edil do PSOE.

REDES SOCIAIS

A iniciativa Xardíns que Falan naceu có obxectivo de converter as zonas verdes urbanas en espazos vivos, que interactúan coa cidadanía, que se suman ás conmemoracións e celebracións e que, como acontece neste caso, serven para poñer de manifesto o posicionamento desde o Concello a prol dun mundo no que non haxa terrorismo machista.

Ao igual que en anteriores intervencións, empregadas por multitude de pontevedreses e turistas para sacar fotografías e subilas as redes sociais, Puentes convida a veciños e visitantes " a sumarse a esta campaña, subindo as imaxes a Facebook, Instagram ou Twitter e empregando os hashtag #XardínsqueFalan e #25NPontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta