Feijóo pide abordar no cume de presidentes un plan para evitar o "colapso sanitario"

O presidente da Xunta tamén pide abordar o financiamento e a xestión dos fondos europeos Next Generation.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

A xestión dos fondos europeos Next Generation, un plan para evitar o "colapso" na Atención Primaria, a reforma de financiamento, prezos xustos para o sector primario, garantías de servizos no rural, e o reto demográfico son as prioridades que Galicia quere que se aborden na Conferencia de Presidentes prevista para o arranque de 2022.

Así o trasladou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ás portas da reunión preparatoriora da cita que terá lugar este venres e á que acudirá o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda. Tras a reunión semanal do seu Executivo, Feijóo celebrou a "boa noticia" de que o Goberno que dirixe Pedro Sánchez "volva outra vez convocar unha Conferencia de Presidentes real e preparada conforme o regulamento que regula este órgano multilateral".

A continuación, avanzou cales son as prioridades de Galicia para esta cita, tras defender que o óptimo será que se inclúan os temas de interese para as autonomías e non só o que quere o Executivo estatal, e puxo no foco, en primeiro lugar, a xestión dos fondos europeos tras o "enorme rapapolvo" da UE a España e a súa "decepción" polo atraso cos fondos de cohesión.

Tamén considera "prioritario" abordar a dotación dun plan estatal que active máis persoal médico e de pediatría. A falta destes profesionais "non é", a xuízo de Feijóo, "un asunto menor", senón "un dos grandes asuntos nacionais". E é que, avisou, se se segue "polo camiño de non facer caso" e reducir o asunto a "unha queixa de presidentes autonómicos" causarase "un colapso sanitario".

A modo de exemplo, estimou que en Galicia se xubilarán en 2022 uns 100 médicos de Atención Primaria, e en 2023 hai unhas 250 xubilacións previstas. Ademais, recoñeceu que tamén empezan a detectarse problemas con especialistas hospitalarios. "O risco de colapso está aí", recalcou.

O dotación dun fondo covid (na liña coa polémica emenda por máis de 9.000 millóns introducida a impulso de JxCat na tramitación dos Orzamentos Xerais do Estado) e medidas explícitas para afrontar o reto demográfico, como estender a gratuidade en toda a educación infantil de 0 a 3 anos son outras das prioridades que Galicia desexa que figuren na orde do día da próxima Conferencia de Presidentes.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo / Xunta de Galicia. / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo / Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta