Temas: PANDEMIA

Internistas piden "non baixar a garda" ante o aumento de enfermidades emerxentes que poden conducir a pandemias

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/11/2021 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

Médicos Internistas advertiron de que certas enfermidades emerxentes e importadas poden conducir a futuras epidemias e pandemias, como sucedeu co virus do SARS-CoV-2. No marco do 42º Congreso Nacional da Sociedad Española de Medicina Interna (SEMI) e o 37º Congreso da Sociedade Galega de Medicina Interna (Sogami), que se celebra do 24 ao 26 de novembro no Palacio de Exposicións e Congresos de Galicia, en Santiago de Compostela, estes expertos convidaron a "non baixar a garda" ante o aumento destas enfermidades emerxentes e importadas en España.

O planeta Terra cuberto cunha máscara cirúrxica
O planeta Terra cuberto cunha máscara cirúrxica | Fonte: Universitat de Barcelona.

Igualmente, instan a permanecer vixiantes para detectalas a tempo (detección precoz) e así poder tomar medidas adecuadas para mitigar o seu impacto. A presenza de enfermidades emerxentes e importadas responde a fenómenos relacionados co cambio climático, que favorece a aparición de novos virus, e a globalización, da que son expoñentes as viaxes internacionais e as migracións.

Temas: PANDEMIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta