Case 600 afectados en Galicia polo peche das térmicas poderán acollerse a plans de formación e inserción laboral

O delegado do Goberno avanza as medidas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/11/2021 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, avanzou a formación e inserción laboral de ao redor de 600 afectadas polo peche das centrais térmicas. Trasladouno despois da publicación no Boletín Oficial do Estado das directrices para executar o plan de emprego vinculado a estas instalacións.

Central térmica de Meirama
Central térmica de Meirama | Fonte: Naturgy - Europa Press.

A estratexia para unha transición xusta inclúe un plan de apoio para a recualificación profesional e inserción laboral da poboación afectada pola transición enerxética.

A meta, remarca a Delegación, é apoiar a formación profesional e a inserción laboral daquelas persoas que estean afectadas polo peche das térmicas, entre outras instalacións, que en Galicia incumbe ás factorías das Pontes e Meirama (Cerceda).

Cun investimento de 20 millóns de euros, o plan alcanzará, como mínimo a 4.000 persoas. Un 14% das mesmas deben estar en Galicia, polo que haberá, cando menos, 560 persoas beneficiarias desta formación e inserción laboral impulsadas polo Goberno.

As accións formativas están enfocadas nos ámbitos de enerxías renovables e medio ambiente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta