Cincuenta e nove concellos entrarán nos programas de atención a persoas en risco ou situación de vulnerabilidade

Por segunda vez tamén se atenderá ás persoas sen fogar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2021 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia destinará 5,8 millóns de euros a 208 programas de atención a persoas en risco ou situación de vulnerabilidade e que desenvolverán 59 municipios. Como sinalou no seu comunicado a Consellería de Política Social, estás axudas forman parte dos programas de inclusión social do período 2021-2023.

Con estas axudas, as entidades locais sufragarán accións destinadas á adquisición de formación básica ou laboral adaptadas ás necesidades dos destinatarios, actuacións de mediación intercultural ou de carácter residencial; e programas de educación e apoio familiar.

Ademais, o Executivo galego ampliou o prazo para levar a cabo os programas subvencionados de 20 a 22 meses, o que permitirá, segundo a Xunta, que estes programas teñan maior estabilidade financeira e sexan "máis ambiciosos". No comunicado, a Xunta lembra que se inclúe por segunda vez un programa específico de atención ás persoas sen fogar.

Pobreza infantil.
Pobreza infantil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta