Denuncian que Educación deixa os centros sen persoal no "peor momento" da pandemia neste curso

O STEG censura a actitude da Consellería, que se "nega a cubrir dun xeito velado as vacantes".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/12/2021 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino Público (STEG) vén de denunciar que a Consellería de Educación non está a cumprir co prometido en setembro, momento no cal aseguraban que as substitucións do persoal interino e substituto se cubrirían cunha antelación máxima de tres días lectivos.  Así, o sindicato censura que a pesar de que os chamamentos 

Dúas nenas ás portas do colexio. Jorge Gil - Europa Press
Dúas nenas ás portas do colexio. Jorge Gil - Europa Press

para cubrir ao persoal docente fanse de forma ordinaria os martes e os venres, "nin o venres pasado nin este martes se fixeron chamamentos para cubrir as vacantes, agás as de Educación Infantil".  

"No peor momento da pandemia deste curso", afirman,  "a Consellería deixa aos centros educativos sen profesionais, negándose dun xeito velado a cubrir as vacantes". Dende o STEG consideran que Educación busca busca un aforro "que dista moito da promesa do conselleiro de que o ensino galego contaría este curso con todos os recursos necesarios". 

O STEG expresa o seu rexeitamento ao modo de proceder da Consellería, que "deixa aos centros educativos en precario, e ao alumnado desatendido", amosando "unha vez máis o seu desinterese por manter unha educación pública de calidade e unha falta de respecto absoluta" cara aos seus profesionais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta