Sanidade inclúe Asturias e Melilla nos territorios do rexistro obrigatorio de viaxeiros

A Consellería elimina á Rioxa desta clasificación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2021 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade incluíu a Asturias e a Melilla na lista de comunidades autónomas sinaladas como territorios de procedencia que é preciso comunicar ao entrar en Galicia pola súa situación epidemiolóxica, unha clasificación da que sae A Rioxa e na que se manteñen Aragón, Baleares, Cataluña, Castela e León, Comunidade Valencia, Navarra e País Vasco.

A listaxe de territorios de declaración obrigatoria, que a Xunta debe actualizar cada dúas semanas, foi renovado este martes a través dunha orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) que amplía o número de países europeos excluídos da relación.

Así, os viaxeiros procedentes de Albania, Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Bosnia-Herzegovina, Finlandia, Italia, Malta, Moldavia, Macedonia do Norte, Romanía, Suecia e O Vaticano non deben comunicar ao entrar en Galicia que proceden do estranxeiro.

Si deben facelo aqueles que proceden de calquera país do continente africano, así como os viaxeiros chegados dos seguintes terriotorios americanos: Anguía, Barbados, Bonaire, San Eustaquio e Saba, Dominica, Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Honduras, Islas Caimán, EUA, Nicaragua, El Salvador, Paraguay, Venezuela, Haití, Trinidad e Tobago e Jamaica.

Ademais, a Consellería de Sanidade inclúe na lista 22 países asiáticos --Bangladesh, India, Irán, Iraq, Líbano, Maldivas, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Bruney, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Singapura, Iemen e Jordania-- e as Islas Marianas do Norte, en Oceanía.

Os viaxeiros que estivesen nalgún dos lugares da listaxe nos 14 días anteriores deben comunicar, nun prazo máximo de 24 horas, os seus datos de contacto e estancia en Galicia a través da web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou do teléfono 881 00 20 21.

A Xunta lembra que esta resolución, que entrará en vigor este mércores, 1 de decembro, será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Avión da compañía irlandesa Ryanair na pista dun aeroporto
Avión da compañía irlandesa Ryanair na pista dun aeroporto | Fonte: Ryanair - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta