O PP pon en apuros a Miguel Anxo Fernández Lores

Tramita unha iniciativa para que unha rúa de Pontevedra leve o nome de Adolfo Suárez. A Executiva do Bloque aprobou rexeitar declaracións institucionais de apoio ao ex presidente español.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/04/2014 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra rexistrou unha iniciativa para que unha nova rúa da cidade leve o nome do expresidente do Goberno recentemente falecido Adolfo Suárez.

Adolfo Suárez de mitin en Galicia en 1985
Adolfo Suárez de mitin en Galicia en 1985

Os populares presentaron este venres no Concello o escrito no que o piden e argumentan a iniciativa que anunciou a pasada semana, ao finalizar o loito oficial polo falecemento deste político. O documento reflicte a intención do PP de conseguir un consenso entre o tres grupos políticos con representación na corporación municipal e que a proposta salga adiante por unanimidade, para o que insta o alcalde, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, a que convoque unha sesión da comisión permanente de Cultura. Con todo, a iniciativa pode ser rexeitada polo BNG en función do aprobado pola súa Executiva Nacional recentemente.

"Homenaxe" a Adolfo Suárez

"o noso concello pode render unha merecida homenaxe á figura do presidente Adolfo Suárez. Sería un xesto de recoñecemento permanente, para honrar no presente e lembrar no futuro a súa figura histórica", argumetna o portavoz do PP, Jacobo Moreira, nun comunicado. 

Así, destaca que Adolfo Suárez foi o primeiro presidente da democracia, "desempeñou un papel fundamental" na recente historia de España, posto que a súa talla moral e o seu sentido de Estado "foron claves para o éxito da Transición".

Adolfo Suárez nun acto de Falange Española
Adolfo Suárez nun acto de Falange Española

O grupo popular resalta ademais que o traballo de Suárez foi "esencial para culminar un dos maiores logros conseguidos por España como país, a Constitución de 1978".

Propoñen que a rúa que leve o seu nome sexa a resultante das obras de desdobramento da Avenida de Vigo. "Sen dúbida, será unha estrada relevante de acceso á cidade e mesmo o goberno local cualificou os traballos como a obra máis ambiciosa da década, polo que nos parece a ocasión oportuna para que esta nova vía leve o nome do presidente Adolfo Suárez", conclúe a nota.

O BNG rexeita as declaracións institucionais

Con todo, o proxecto pode ser paralizado polo BNG. E é que, logo da morte do ex presidente do Goberno español, Adolfo Suárez, e o anuncio de numerosos actos conmemorativos, a dirección do BNG remitiu aos seus cargos institucionais unha circular na que lles recomendaba non asinar declaracións institucionais ao respecto. Unha acción que pode estendese agora a outras actividades, como nomes a rúas ou vías.

Na súa declaración, a Executiva apuntaba que o BNG "non se prestará a converter este falecemento nun reforzo positivo dun proceso de transición -avalado pola UCD, AP, PSOE e PCE- que o nacionalismo galego leva décadas a combater e que supuxo a ausencia dunha verdadeira ruptura co réxime anterior" nin "asinará declaracións institucionais, nin apoiará co seu voto o intento de converter este proceso nun referendo positivo sobre a convivencia no Estado español, un estado que nos nega e unha Constitución que non recoñece os nosos dereitos nacionais".

Con todo, esta recomendación non foi seguida por quen pasa por ser o principal cargo institucional que ten, agora, o BNG, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro, que, xunto co seu grupo aprobou unha declaración institucional con motivo do falecemento de Adolfo Suárez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

13 morasleira

Como non podía ser de outra maneira, sempre chorando po-la vaquiña. Os que se creen donos do galego e da democracia cada volta semellanseme mais a os que eles chaman represores.

12 Sogalegos Elivres

Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso rouco son,mais só os iñorantes e féridos e duros,imbéciles e escuros non nos entenden, non. Vai tocar as palmas a Cayo Lara.

11 tin

en apuros??? a resposta é clara. Non A transición como modelo??? que llo conten a un guardia

10 Loisc

IU-AGE, PSOE, PP xa votaron en Madrid unha declaración de exaltación ao Suárez. BNG e Amaiur votaron en contra. Terán que explicar Beiras e Izquierda Unida, ou non se sinten en apuros?

9 Galego

Hai que ser moi ilus@ se se pensa que iso pode poñer en "apuros" a un goberno municipal como o de Pontevedra