O PPdeG, reunido para abordar a reforma da PAC, tíldaa de "lesiva" para o sector primario galego: "Daremos a batalla"

Os populares instan ao Goberno de España a comprometerse a defender unha PAC "forte, diferenciada doutros fondos como era ata agora, con recursos suficientes e que responda as necesidades de Galicia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2025 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) mobilizou aos seus representantes para "facer forza" e "dar a batalla" co fin de que a nova Política Agraria Común (PAC) atenda as "necesidades e intereses" do sector primario galego, xa que a considera "lesiva" para agricultores e gandeiros. Neste sentido, critica a súa centralización e o recorte do 20 % dos fondos.

Segundo traslada a formación, celebrou a este respecto unha reunión na sede autonómica do partido en Santiago que estivo encabezada pola secretaria xeral Paula Prado e o responsable da PAC e do Control da Cadea Alimentaria no Goberno galego, Juan José Cervino. Nela, participaron deputados nacionais, senadores, eurodeputados e membros da Comisión de Medio Rural do PPdeG. Todos eles comprometéronse a defender os intereses de Galicia e do seu rural ante o Goberno de España e a Comisión Europea de cara á negociación da PAC para o período 2028-2034 na medida en que consideran que a actual proposta resultaría "lesiva" para os gandeiros e agricultores galegos.

Deste xeito, critican que se contemple un recorte de máis do 20 % nos fondos --o que cifran nunha redución aproximada de 80 millóns de euros anuais para Galicia-- e que se pretenda "centralizar" unha política que, nos termos previstos, "deixaría de ser común e profundaría nas desigualdades territoriais", nas súas palabras. Por iso, os populares defenderán en todas as institucións a modificación da proposta inicial e instan ao Goberno de España a comprometerse a defender unha PAC "forte, diferenciada doutros fondos como era ata agora, con recursos suficientes e que responda as necesidades de Galicia".

O PPdeG reúne aos seus representantes para abordar a reforma da PAC, en agosto de 2025
O PPdeG reúne aos seus representantes para abordar a reforma da PAC, en agosto de 2025 | Fonte: PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta