O PP pon en apuros a Miguel Anxo Fernández Lores

Tramita unha iniciativa para que unha rúa de Pontevedra leve o nome de Adolfo Suárez. A Executiva do Bloque aprobou rexeitar declaracións institucionais de apoio ao ex presidente español.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/04/2014 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra rexistrou unha iniciativa para que unha nova rúa da cidade leve o nome do expresidente do Goberno recentemente falecido Adolfo Suárez.

Adolfo Suárez de mitin en Galicia en 1985
Adolfo Suárez de mitin en Galicia en 1985

Os populares presentaron este venres no Concello o escrito no que o piden e argumentan a iniciativa que anunciou a pasada semana, ao finalizar o loito oficial polo falecemento deste político. O documento reflicte a intención do PP de conseguir un consenso entre o tres grupos políticos con representación na corporación municipal e que a proposta salga adiante por unanimidade, para o que insta o alcalde, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, a que convoque unha sesión da comisión permanente de Cultura. Con todo, a iniciativa pode ser rexeitada polo BNG en función do aprobado pola súa Executiva Nacional recentemente.

"Homenaxe" a Adolfo Suárez

"o noso concello pode render unha merecida homenaxe á figura do presidente Adolfo Suárez. Sería un xesto de recoñecemento permanente, para honrar no presente e lembrar no futuro a súa figura histórica", argumetna o portavoz do PP, Jacobo Moreira, nun comunicado. 

Así, destaca que Adolfo Suárez foi o primeiro presidente da democracia, "desempeñou un papel fundamental" na recente historia de España, posto que a súa talla moral e o seu sentido de Estado "foron claves para o éxito da Transición".

Adolfo Suárez nun acto de Falange Española
Adolfo Suárez nun acto de Falange Española

O grupo popular resalta ademais que o traballo de Suárez foi "esencial para culminar un dos maiores logros conseguidos por España como país, a Constitución de 1978".

Propoñen que a rúa que leve o seu nome sexa a resultante das obras de desdobramento da Avenida de Vigo. "Sen dúbida, será unha estrada relevante de acceso á cidade e mesmo o goberno local cualificou os traballos como a obra máis ambiciosa da década, polo que nos parece a ocasión oportuna para que esta nova vía leve o nome do presidente Adolfo Suárez", conclúe a nota.

O BNG rexeita as declaracións institucionais

Con todo, o proxecto pode ser paralizado polo BNG. E é que, logo da morte do ex presidente do Goberno español, Adolfo Suárez, e o anuncio de numerosos actos conmemorativos, a dirección do BNG remitiu aos seus cargos institucionais unha circular na que lles recomendaba non asinar declaracións institucionais ao respecto. Unha acción que pode estendese agora a outras actividades, como nomes a rúas ou vías.

Na súa declaración, a Executiva apuntaba que o BNG "non se prestará a converter este falecemento nun reforzo positivo dun proceso de transición -avalado pola UCD, AP, PSOE e PCE- que o nacionalismo galego leva décadas a combater e que supuxo a ausencia dunha verdadeira ruptura co réxime anterior" nin "asinará declaracións institucionais, nin apoiará co seu voto o intento de converter este proceso nun referendo positivo sobre a convivencia no Estado español, un estado que nos nega e unha Constitución que non recoñece os nosos dereitos nacionais".

Con todo, esta recomendación non foi seguida por quen pasa por ser o principal cargo institucional que ten, agora, o BNG, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro, que, xunto co seu grupo aprobou unha declaración institucional con motivo do falecemento de Adolfo Suárez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

8 Agestapo

Menudos apuros está a pasar o BNG de Pontevedra, je, je, je, os izquierdomerdeiros sobes ben parvos. Os únicos que lle lamberon o anus a Suarez durante décadas foron os izquierdo merdeiros. Cayo Lara traslada su "respeto" por la muerte de Adolfo Suárez y su papel para contribuir "al anhelo de democracia expresado por el pueblo, el gran protagonista de la democracia http://www.izquierda-unida.es/node/...

7 Suarismo Anovador

Qué o BNG faga extranos rexeitando o suarismo rupturista e de esquerda é insoportabel para a anovada esquerda FPG-PCE-Beirista. Son uns raros e uns seitareos que deixan estupefactos á democracia confidencial.

6 Rai Mundo

Apuros? Si, sobre todo co pacto que teñen montado o BNG-UPG, no goberno municipal de Pontevedra, e o PP de Louzán no que toca (iso, toca) a conta do sobreprezo, descomunal, do Estadio de Pasarón. Aínda acaban de aparecer 2 millón de euros a maiores. E van... Como se entere o responsábel de fimanzas do BNG nacional, vaílles aprender como se fai neses casos.

5 GZ nom é Espanha

Avenida de Moncho Reboiras. Que tomen moito polo saco eses nacionalistas espanhois, vilingues criminais, franquistas do caralho.

4 Doutor Moreno

Agardo que o BNG de Pontevedra, seguindo a súa liña de coerencia que o mantén tantos anos no poder e que demostra que ante unha boa xestión a xente pasa de mamarachadas como esta de Suarez (mentres outros ían ás procesións do Cristo da Victoria, ás Oferendas supersticiosas ao Apóstolo, ou retiraban de noite a estatua do "Burro do Ferrol"- sen respeito algún polo Cabalo -e non duraron mais que dous asaltos) non se deixe dobregar.......

1 rassing

..."seguindo a súa liña de coerencia que o mantén tantos anos no poder e que demostra que ante unha boa xestión a xente pasa de mamarachadas"... Se ese é o teu argumento, poderían utiliza-lo todos os alcaldes do PP que levan moito mais anos no poder. Con estes defensores, non se precisan enimigos.

2 Gundar

O PP tamen propuxo o mesmo en Carballo. O Bloque rexeitouno e todo quedou en nada. Ningun carballes dixo nin pio.....y punto.

3 Doutor Moreno

Rassing: estou falando do BNG de Pontevedra fronte aos BNG´s de Vigo, Compostela, Ferrol,......e do mérito que ten ter unha alcaldia tantos anos nunha cidade, como é Pontevedra, en principio tan "antinacionalista" como calqueira outra de Galiza,,,ao final, a coerencia- sobre todo se vai unida a unha boa xestión -prémia-se....Non sei a que vén meter nesto ao PP agás que non saiabas que o curso e por abaixo e a boca por enriba.... Infelice!!

4 rassing

E recuncas. Falar que a boa xestión premia-se, é o mesmo argumento que pode facer calquer partido que estexa no governo en calquera institución diante de calquera situación (incumplimento de programa, corrupción, etc...), e na Galiza, a maioria das institucións están en mans do PP. Senón ves a relación, meu, ese é o teu problema, que o mesmo argumento que utilizas para defender ao BNG nun concello, serva para defender ao PP en 200. Eu son dos que ainda cre que as formas e os argumentos da esquerda e do nacionalismo teñen que diferenciar-se coerentemente das do PP, ti non, por eso eu voto o que voto, cando o fago, e ti votas BNG (en Pontevedra).

5 Louzán a medias

A coerencia do BNG-UPG de Pontevedra, e as súas prácticas, son as marcadas polo Premio Intermodes (aquilo dunha axencia europea e bla, bla, bla,) O coach persoal do alcalde Lores pode seguro explicalo. O Sermos Galiza, seguro que tamén. Si lle deixan...

6 Doutor Moreno

Rassing: é a derradeira que cho digo pois que estou até os testes de discutir e perder o tempo con oligofrénicos fenilpirúvicos (como se pode ser tan "curto" !!).....Dixen, e digo, que se premia a COERENCIA IDEOLÓXICA (no caso do BNG, a pontevedresa ou carballesa ou alaricana fronte as incorencias en Vigo, Ferrol, Ourense, Compostela, ....)sobre todo se vai acompañada de boa xestíón.....aínda que tamén poida ser que non pois que entre o voso admirado POVO hai moito cateto de deus... E votei AGE (por Beirismo) en Compostela,...., mais recoñezo o traballo ben feito veña de onde veña (do BNG, do PP,...).

7 rassing

Eis o teu problema.

8 sigma delta

Votaches AGE en Compostela?! E quen se presentaba a alcaldía? Ti si que te adiantas aos tempos.

9 Doutor Moreno

Sigmos delta: vexo que hoxe sacaron de paseo ao mellor de cada casa......Si, votei a Beiras en Compostela, por que eu voto nunha mesa ubicada en Compostela e por que desta se apresentaba por AGE e igual fixen cando se presentou polo BNG, sempre en Compostela.....Non sei se lograrás entendé-lo...mais sempre podes espertar á neurona de guarda...Non me extrana que con estes "cerebros privilexiados" o nacionalismo galego vaia de cú....Hai que estudar un pouquinho e deixar-se de tanto merdifutbol e tanto Marca!!!!!!!