O BNG insta ao Goberno a rexeitar a autorización dos proxectos eólicos Nordés e Mistral

Considera inaceptable o modelo de macroparques, pois supón o "espolio" dos recursos galegos "sen recibir beneficio a cambio".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2021 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

O BNG pediu ao Goberno do Estado que resolva de forma negativa o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa dos parques eólicos Nordés e Mistral. Nunha iniciativa rexistrada no Congreso, o deputado do BNG na Cámara baixa, Néstor Rego, reclama unha planificación coordinada entre o Executivo estatal e galego, respectando as competencias propias da Xunta.

O Bloque lembra que en outubro se publicou a solicitude de autorización administrativa previa do Parque Eólico Mistral de 100 MW- incluída a súa infraestrutura de evacuación- en Lugo, así como do Parque Eólico Nordés de 67,2 MW e a súa evacuación que afectaría a Lugo e A Coruña. Esta solicitude de autorización para a implantación destes novos proxectos, segundo sostén o BNG, súmase aos "centos de proxectos que solicitaron implantarse na xeografía galega".

"A caótica e lesiva proliferación de parques eólicos en Galicia evidencia a falta de planificación enerxética e, de non porlle freo, suporá a invasión de terreos protexidos e zonas de especial protección, e acabarán situados a escasos metros de vivendas e núcleos de poboación", advirte. O parlamentario asegura que Galicia é xa, no momento actual, produtora excedentaria de enerxía procedente de fontes renovables e que "a implantación de máis parques só serve para incrementar o "espolio" dos recursos galegos "sen recibir beneficio a cambio".

"Debe apostarse por pequenos proxectos de proximidade, que respecten o medio ambiente, os núcleos de poboación e xeren riqueza no territorio onde se implantan", sinala Rego, que considera que "o modelo de macroparques que queren impor non é aceptable".

Ademais, sobre estes dous proxectos, incide en que terán un "gran impacto no medio ambiente" e, en particular, na flora e a fauna. "Veríanse afectados de forma severa os hábitats dun total de 194 especies de vertebrados inventariados, catro peces continentais, trece anfibios, oito réptiles, 26 mamíferos e ata 143 especies de aves", enumera o deputado.

O deputado do BNG, Néstor Rego, intervén nunha sesión plenaria, no Congreso dos Deputados, a 2 de decembro de 2021, en Madrid  (España). O Pleno do Congreso vota este xoves tres decretos leis que inclúen o novo imposto sobre a plusval. A. Pérez Meca - Europa Press
O deputado do BNG, Néstor Rego, intervén nunha sesión plenaria, no Congreso dos Deputados, a 2 de decembro de 2021, en Madrid (España). O Pleno do Congreso vota este xoves tres decretos leis que inclúen o novo imposto sobre a plusval. A. Pérez Meca - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Para ser excedentarios o prezo é alucinante 340 € Mw e subindo ! O outro día o alcalde de Vigo gabábase de ter contratado para o vindeiro ano toda a enerxía limpa por 6,4 M€ o que non dicía é con que Compañía Eléctrica e a canto pagaremos a electricidade en Vigo ! Pero como cada quen fala do que lle peta, e non dán datos precisos, aquí seguimos lendo cousas das que ninguén sabe case nada ou nada... Aproveito para enviarvos a Orde do Día que nunca teremos no Pleno Extraordinario que se celebrará posiblemente o venres 31 de decembro a petición dos tres grupos da oposición do Concello de Vigo https://twitter.com/00Memoria/statu...